headerphoto

1ª Agroolimpiadas da Estruja. O Grobe.


Domingo 25 de Marzo as 11:00 da mañán, na horta das Besadas, o lado da asociación de veciños da Graña, estará indicado. Fai o teu equipo e ven a divertirte coas probas que temos preparadas. Pasa un domingo diferente.

Comida campestre, trae a túa comida, vaso, plato, cubertos (nada de usar e tirar) será un encontro a ZERO RESIDUOS, SEN PLÁSTICOS para non deixar pegada do noso paso pola horta.

Pola tarde máis xogos e asamblea da Estruja

Máis información: alegrama@msn.com / 677765254

Feira de productos naturáis e artesáns, Adega.

Pinchar na imaxe para ver en grande.

V encontro da Rede Galega de Sementes


Sábado 17 de marzo a partires das 11.00h

V ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES

Praza 8 de Marzo, A Porta do Camiño - Compostela

  • Troco de sementes
  • Obradoiro de sementeira con compost
  • Fornada popular: obradoiro de cocción en forno de leña
  • Actividades para nenas
  • Postos informativos de colectivos
  • Xantar popular
  • Concerto música folk
  • Charlas
  • Vídeo-proxección: "O mundo según Monsanto"
  • Mercadiño de produtores

Curso horticultura. Amigos da Terra.



Da man de Belén Fervenza e Jacobo  Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.
Consulta a Programacion do curso.
Datas: 17 -18 marzo
Horario:  Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
Domingo de 10:00 h a 14:30 h  e de 16:00 h a 18:30 h.
Prezo completo: 110 euros. 100 € para socios/as. inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)
Prezo reducido: 70 euros. inclúe formación e aloxamento (manutención por conta dos/as participantes)
Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional.
Certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten
Inscrición: Envia a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax; antes do 12 de marzo a:

info@ascorcerizas.com
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense

Documental de construcción con palla

Como facer cervexa na casa

Non fai falla dicir que tanto o cereal, coma a levadura, o lúpulo e o zucre (ou panela) pódense topar ecolóxicos en tendas ecolóxicas, cooperativas de consumo e/ou comercio xusto. Se plantamos nas nosas terrazas, será que tamén somos quen de facer cervexa nas nosas cociñas. ;-)

IV Congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica

Vigo. 21, 22 e 23 de Xuño de 2012

“INICIATIVAS AGROECOLÓXICAS INNOVADORAS PARA A TRANSFORMACIÓN DOS
ESPAZOS RURAIS”

ÁREA TEMÁTICA 1. Agricultura e sistemas agrícolas agroecolóxicos
ÁREA TEMÁTICA 2. Produción animal e manexo agroecolóxico de sistemas gandeiros
ÁREA TEMÁTICA 3. Biodiversidade e recursos fitoxenéticos
ÁREA TEMÁTICA 4. Aproveitamento de montes e silvicultura agroecolóxica

Info: Secretaría do Congreso 986.812.506
ecoecoagro@uvigo.es
http://economiaecoloxica.uvigo.es

2ª Intercambio Urban de Plantas e Sementes


O ser un intercambio-trueque a participacion e gratuita e libre. A idea da inscripcion a favorecer a consolidacion da rede de sementes.
Podedes encontrar mais informacion nos seguintes enlaces, neste correo e no tlf 9812333324. informacion e inscripción:
http://www.facebook.com/pages/Intercambio-Urbano-de-Plantas-y-Semillas/164715403624335?ref=tn_tnmn
http://www.facebook.com/pages/Intercambio-Urbano-de-Plantas-y-Semillas/164715403624335?ref=tn_tnmn#!/pages/Intercambio-Urbano-de-Plantas-y-Semillas/164715403624335

organización:
http://www.josefinaanllonaveiras.blogspot.com/2012/01/2-intercambio-urbano-de-plantas-y.html
http://yesican-tree.blogspot.com/2012/01/segundo-intercambio-urbano-de-plantas-y.html

Curso de hortos urbanos (Alvarella)


Terraactiva 2011

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.