headerphoto

Aplazada para o día 4 a conferencia de Santiago

Debido a contratempos de última hora coa axenda da Gentalha do Pichel, aprázase un día a exposición sobre horticultura urbana en Santiago. Queda definitivamente así:

Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.
Xoves 4 de Marzo do 2010 as 20:30
Centro sociocultural Gentalha do pichel
Santiago de Compostela
Exposición a cargo de Ramón Paz. AGHU.

Sentimos moito as molestias que poida ocasioar este cambio, pero vémonos obrigados a ter que amoldarnos a situación para asegurar que a conferencia discurre nas mellores condicións posibles. Esperamos que todos os que tíñades previsto vir o poidades facer de igual forma, e recordade que o rematar a exposción, teremos unha breve reunión do Grupo Local de horticultores urbanos de Santiago, co fin de coñecernos e planificar os primeiros obxetivos.


0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.