headerphoto

Conferencia de horticultura urbana en Santiago

Coa colaboración da Gentalha do Pichel, daremos unha conferencia sobre horticultura urbana este próximo mes de marzo:

Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.
3 de Marzo, as 20:30
Local sociocultural A Gentalha do Pichel
Santiago de Compostela

Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófica do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro. Anotaremos os interesados en formar parte do novo grupo local de horticultura urbana de Santiago, dentro do marco da asociación.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.