headerphoto

Resumo da reunión do sábado 13 de Febreiro

Este sábado 13 de Febreiro, reunímonos na casa da cultura de Milladoiro 7 membros da asociación, representando a Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol, Vilagarcía e Santiago.

Falamos un bo rato sobre a asociación, o asociacionismo en xeral e de cómo deberíamos enfocar os nosos esforzos nun primeiro momento. Varios dos membros da asociación teñen ampla experiencia no mundo do asociacionismo, e isto nos proporciona unha moi rica experiencia a hora de decidir cómo levar adiante o noso proxento.

Unhas das ideas que se reafirmou e a necesidade de poñer en contacto a xente que dentro das mismas zonas urbanas estén interesados na horticultura urbana. Desta forma pódesen crear grupos locáis, que poden estar compostos de 1 a N personas (un sólo tamén pode intentar arrancar unha iniciativa de horticultura urbana na súa cidade).

Outra das ideas era a de que deberíamos reunir a estes grupos locales de forma que se poidan coordinar para arrincar as iniciativas, estar en contacto, e empezar a traballar.

Para fomentar a formación de grupos locales, acordamos facer unha primeira ronda de conferencias sobre horticultura urbana, empezando pola que o sábado 20 deste mes de Febreiro daremos en Ourense, da man de Amigos da Terra e Verdegaia, e que continuaremos polo resto de Galicia a ser posible o longo da primaveira.

Para levar adiante estas conferencias, cada un dos representantes de cada cidade na reunión, acordamos que se intentará topar un local para dala (casa da cultura, auditorio, etc.) e iremos programándoas a medida que valla aparecendo. Desta forma, as primeiras conferencias deberían ser en Ourense, Santiago, Vigo, Vilagarcía, Lugo e Ferrol (todavía non sabemos a orde).
Sabemos que os nosos compañeiro de Hortas na Cidade (Coruña) tamén deron xa algunhas conferencias e xa están dando os primeiros pasos.

O final de cada conferencia animarase os interesados a anotarse para a organización e a formación de un grupo local (ou para unirse a el en caso de que exista) nesa cidade.

Tamén se falou a posibilidade de que a nosa asociación empece a participar en canto poidamos no mercadiño de intercambio que se celebra en Vigo, pero neste caso representando a horticultura.
Estase tamén impulsando en ourense unha iniciativa de intercambio de semente, dentro do marco das xornadas de agroecoloxía (sábado 27), que son de participación aberta. No momento en que estemos máis organizados, tentarase arrancar dende a nosa asocición, e a ser posible en colaboración con outras, este tipo de iniciativas.

Tamén falamos na importancia de que a nosa asociación sexa sobretodo unha rede ou plataforma para que todos podamos estar en contacto con todos, por iso acordamos crear un foro, que espero que pronto esté diposñible na nosa web, para podermos todos estar en contacto, organizando os debates por temas e grupos locais.

Así mesmo insisteuse na necesidade de remarcar en todo momento tanto nos nosos actos, como nas ténicas e valores promovidos, a necesidade de reafirmar os valores da ecoloxía, a sustentabilidade e o respeto pola vida.

Por último demos unha pequena voltiña a pe por diferentes lugares de Milladoiro que son claros exemplos de posibles proxectos de horticultura urbana (Xardíns municipáis, terras e parcelas abandoadas, tallóns desaproveitados, xardíns de comunidades de veciños, xadíns e patios de colexios e garderías, zonas verdes, etc.), donde marcamos en cada caso, as posibilidades, os beneficiados obxetivo (publico, privado, nenas e nenos, etc.) e sobre todo a necesidade de crearmos entre todos un modelo para a presentación de proxentos de horticultura urbana as administracións.

En xeral, unha reunión moi interesantes, agradable e proveitosa. Moitas gracias os participantes polo seu esforzo, e os que non puideron vir nesta ocasión esperamos podelos ver nas próximas e así irnos coñecendo todos un pouco. Se alguén ten algunha dúbida xa coñecedes o noso email.

Un saúdo.
Ramón. AGHU.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.