headerphoto

Plataforma Galega Antitransxénicos


A Plataforma Galega Antritransxénicos da a benvida a toda a Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Como saberedes, a PGA formouse co obxectivo último de que Galiza sexa declarada Zona Libre de Transxénicos, con todas as súas consecuencias. Para conseguilo, a axuda de todas as persoas e organizacións que se sumen a este proxecto é esencial, por iso queremos agradecervos por adiantado a vosa colaboración.

Para que o traballo sexa o máis eficaz posible, dámosvos unha explicación das listaxes existentes e do seu funcionamento:

A listaxe de coordenacion@galizasentranxenicos.org está pensada para xente que esencialmente quere recibir información, mais que non pode dedicar moito tempo a traballar dentro da Plataforma. Por iso é recomendable que a esta listaxe se envíe soamente información do tipo artigos, convocatorias, etc., sempre intentando non enviar correos moi pesados para non saturarlle os correos á xente. Nesta listaxe están todos os colectivos e persoas que desexan recibir información, polo tanto ao enviar algo a este enderezo, recibirá información todo o mundo, incluídas as persoas que se apuntan na listaxe que se explica a continuación.

A listaxe de traballo@galizasentransxenicos.org está pensada para o grupo de persoas que deciden dedicarlle máis tempo a este tema e para tratar os temas de organización e internos da Plataforma. Nesta listaxe están apuntadas soamente aquelas persoas que queren, porque van desenvolver un traballo máis intenso dentro da Plataforma. Aquí en principio non hai problemas de volume dos correos (pódense enviar documentos máis pesados para ir desenvolvendo o traballo diario).

Ademais, existe unha listaxe á parte chamada comunicación@galizasentransxenicos.org, que se emprega para o envío de notas de prensa e todo o relativo a medios de comunicación. Esta listaxe xestiónaa esencialmente Vera, a xornalista oficial da Plataforma. Tamén se decidiu ter este correo para facer os envíos á prensa e demais medios de comunicación con remitente único da Plataforma e non a partir de correos dunha persoa ou grupo, o que podía dar lugar a confusión dos medios de comunicación sobre quen enviaba os correos.

E o correo xeral da Plataforma para calquera persoa que desexe preguntar algo a respecto dos organismos xeneticamente modificados ou da Plataforma é info@galizasentransxenicos.org

Recordade que o 17 de Abril temos manifestación en Madrid. Os interesados en vir ide apuntándovos canto antes.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.