headerphoto

O mundo faise urbano


Lendo esta reportaxe no diario El País, topeime cunha análise dos datos de previsión do crecemento urbano cara os próximos anos, feito pola ONU.

Deixando de lado as cifras máis pequenas do estudo, impresionoume unha: Para o 2050 o 69% da poboación mundial vivirá en cidades.


O crecemento urbano e un feito, e ademáis, unha tendencia. E esa tendencia seguirá a alza por varios factores.

  • A imposibilidade dunha vida digna con unha economía de subsistencia dentro dun marco capitalista.
  • A falta de oportunidades e servizos nos entornos ruráis, afastados da evolución social e cultura na grande parte dos casos.
  • O cénit da enerxía fósil, que fará a tender a minizar os desprazamentos, o encarecemento dos combustibles obrigaranos a minimizar o seu gasto, a vivir máis xuntos.
  • A cada vez máis imposible labor de vivir do campo a causa da economía capitalista neoliberal e os monopolios das grandes empresas internacionais sobre o mercado da distribución. Obrigados a vender os seus productos por debaixo do prezo de producción, a xente do campo vese obigrada a deixar as terras e buscar novas oportunidades e outros traballos nas cidades.
  • Condicionamento social. Vivir na cidade fainos sentir que estamos máis preto de todo. Cando a realización personal se busca a través do consumo, e xente busca estar preto dos bens de consumo como forma de buscar esa falsa felicidade.
  • O acceso a estudos e aprendizaxe (universidades, colexios especializados) que sólo se topan nas cidades, lugares donde na maior parte dos casos eses estudantes se quedan a vivir.
  • Canta máis xente vive nas cidades, máis xente nace e se queda a vivir nas cidades.
De seguro que hai mais factores a numerar, e cada historia e un mundo. De todo isto quitamos unha vez máis a importancia de traballar en pro da soberanía alimentaria das urbes, que e hoxe en día moi, moi deficiente. Se a maior parte da humanidade vivirá en cidades, a maior parte da fame pasarase nas cidades, tapices impersonales nos que moitas veces se ocultas grandes miserias.

A horticultura urbana preséntasenos como ferramenta indispensable para traballar en pro desta soberanía alimentaria, e conseguir así aumentar en parte este índice de soberanía alimentaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.