headerphoto

Xuntanza Xeral da AGHU. 1 de Maio do 2010.

Este primeiro de maio (sábado) faremos unha xuntanza xeral da AGHU que toca para este ano. Tentaremos de cara a anos vindeiros reservar esta data (primeiro sábado de maio) para a reunión xeral anual da AGHU.

Este non só será un encontro de traballo, senón tamén un encontro lúdico no que todos podemos participar. Quedaremos as 10:30 diante das escaleiras dos dolmens do parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. Pregamos puntualidade.


Se o tempo acompaña teremos un montón de herba na que estar sentados o soliño, e se as nubes fan acto de presencia, debaixo dos dolmens estaremos a cuberto, que e un sitio grande, resgardado e público.

Levaremos cada un algo para picar e compartir cos demáis (frío claro... empanada, tortilla, croquetas, queixo, marmelo, chourizo, o que queirades) e algo para beber (viño, auga, refrescos...). Para coordinarse o que poder traer cada un, podedes consultar no foro o fío aberto para esta cuestión. Podedes vir acompañados da familia, que Vista Alegre e un parque pechado cunha sola entrada, e moitos recunchos, e os rapaces poden estar xogando polo parque adiante.


Ver mapa más grande
Parque de Vista Alegre (Xardins Mosquera Pérez, no mapa)

Os temas a tratar na reunión, entre todos aqueles que traiades vos, serán:

  1. Modificación e aprobación dos estatutos da asociación para a súa presentación na Xunta.
  2. Acordar lugar e datas para o cursiño de formadores.
  3. Definir o marco actual dos grupos locales (Alcouves) da asociación.
  4. Facer unha tormenta de ideas xeral sobre pasos a dar a un ano vista.
O que se busca para esta reunión e que poidamos ter representantes de todas as cidades de galicia, teñan ou non Alcouve definido, para en todo caso, definilo e poder ter unha representación máis xeral de todos.
Por suposto esperamos contar coa participación dos colectivos que traballan dentro ou coa nosa asociación, así como colectivos relacionados coma cooperativas de consumo, organizacións ecoloxistas, etc.

O debate estará moderado por Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU, e durará dúas horas (10:30 a 12:30). Unha vez cerrado, pasaremos a parte máis social e festiva.

Por favor, traede os deberes feitos de casa, e todos aqueles que esteades con algún tipo de iniciativa de horticultura urbana, tentade traer datos que poder expoñer de forma verbal sobre a situación actual da iniciativa e perspectivas de futuro.

Esperemos que esta sexa a primeira de unha longa tradición de reunións hortícolas o primeiro sábado de maio de cada ano.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.