headerphoto

Hortas urbanas en Vigo (AVCD Lavadores)

A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores (Vigo) integrada dentro da rede da AGHU, está a promover un proxecto, sen ánimo de lucro e con fíns sociais e educativos, sobre “agricultura urbana ecolóxica” no concello de Vigo. O obxetivo deste proxecto é dinamizar a relación dos habitantes da cidade de Vigo co entorno natural mediante o estudo, a experimentación, a difusión e a promoción da agricultura urbana ecolóxica. Esta idea xurde ó percibir a necesidade de realizar accións que permitan non só recuperar senon tamén transmitir o coñecemento da agricultura que se realizaba nas casas dun xeito natural.

O proxecto vaise levar a cabo nunha parcela situada en Cotogrande (perto de Peinador) cunha extensión de 5000 m2 e dotada cas siguientes instalación: unha aula, un alpendre, pozo e balsa de auga e un invernadoiro de 500 m2.


Nesa parcela, vanse realizar prácticas agrícolas con escolares e outros colectivos tanto no invernadoiro como nas parcelas o exterior. Por outra banda, outra zona da parcela (aprox. 1500 m2) vaise destinar a pequenos hortos individuais que van ser cedidos durante un prazo mínimo dun ano a persoas interesadas en realizar a sua propia horta para o autoconsumo.


O proxecto iniciouse a finais do ano 2009, e na actualidade estamos a acondicionar o invernadoiro. A seguinte fase será a preparación das parcelas no exterior, que contamos iniciar no vindeiro mes de xuño.

 En canto a participación, a AVCD de Lavadores convida a toda aquela xente interesada en participar e formar parte desta iniciativa. Para obter mais información, os datos de contacto son: AVCD de Lavadores, Rúa Ramón Nieto 302, 36210 Vigo, Telf. 986379618, e-mail: villagalicia@terra.es.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Si queredes axuda mándovos un tracctor

Publicar un comentario en la entrada

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.