headerphoto

Feira do Sol


A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou a terceira Feira do Sol que se celebra o sábado 19 no paseo central da Alameda de Santiago desde as 11:30 ata as 20:00 horas. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán, que organizan as concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.

A Feira ten o sol como motivo principal e a educación e a sustentabilidade como obxectivo. En palabras da concelleira, "é unha mostra lúdica e demostrativa das potencialidades do sol para usos cotiás". Así, o furgón da asociación cultural e medioambiental Os Picos do Sol levará para isto catro placas solares e un mini-eólico que produciran a electricidade precisa para o equipo de son, a bomba de auga e un ordenador. É unha festa, activa e participativa que está dirixida a todos os públicos na que os máis pequenos e os adultos atoparán elementos de interese e diversión ademais de ter ocasión, en palabras de Cienfuegos, "para a experimentación, a información e a formación".

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.