headerphoto

Resumo do cursiño de formadores.

En poucas palabras poderíamos resumir o fin de semana do cursillo en Millo e Landras, como fantástico.

Xuntámonos 16 persoas: Cristina R.(Santiago), Sabela (Santiago), Jorge (Pontevedra), Fernado B. (Vigo), Sonia (Pontevedra), Fátima (Vilagarcía), Pilar (Santiago), Antonio (Santiago), Eva (Vigo), Rebeca (Vigo), Marta D. (Santiago), Cristina C. (Santiago), Fernando D. (Santiago), Marta G. (Vilasantar), Victor (Vilasantar) e Ramón (Santiago).


Foi unha mágoa que as outras dez personas apuntadas o cursiño o final non puideran vir, pero esperamos que poidan asistir para futuras edicións.

O Venres chegamos algúns para acampar. Xa demos unha primeira visita a Millo e Landras, unha granxa impresionante, con hortas, frutales, cabalos, porcos e galiñas. O entorno, precioso, tranquilo, un privilexio. Dentro da granxa, todas a comodidades, a maiores, fora tíñamos a cen metros a piscina municipal a nosa completa disposición cedida polo concello de Vilasantar.

O Sábado pola mañá comezamos na terraza da piscina. Alí montamos unha aula baixo os toldos, con pantalla, ordenador, etc. Antonio dounos unha primeira charla sobre permacultura e os principios filosóficos que ten detrás todo o movemento de transformación social e personal no que estamos inmersos. Moitos vimos as cousas máis claras grazas os conceptos que nos presentou.
De forma improvisada, e dirixidos por Marta G. e Victor, xurdeu unha rolda de presentación donde todos nos demos a coñecer un pouco máis. Dounos o mediodía e aproveitamos para comer na piscina.

A primeira hora da tarde Marta D. dounos o cursiño de compostaxe. A verdade e que agora xa nos podemos atrever a facer o noso propio sustrato. Moi didáctico e interesante. Pola tardiña, Marta G. e Victor déronnos unha volta pola súa horta ecolóxica e explicáronnos un montón de cousas sobre agricultura ecolóxica. A idea principal foi a de minimizar o traballo aliándose co propio entorno e a natureza.


Rematamos o sábado cunha cena todos xuntos e unha queimada... sobran as palabras.

O Domingo pola mañá Ramón dou o cursiño de horticultura urbana en testos, recipientes e mesas de cultivo. Fixemos unha pequena práctica de cómo cultivar en sacos e caixas. Interesante a capacidade, que de xeito casual e espontaneo, vimos no grupo cun análise conxunto de ideas e pensamento lateral sobre a problemática das pragas.

A mediodía comemos todos xuntos e rematamos a xornada organizando as prácticas, o proxecto personal e a listaxe de correo para formadores.

Entremedias houbo todo o fin de semana tempo para risas, bromas, relax e facer amizade. Todos salimos do cursiño coas pilas cargadas, e máis ainda coa alimentación ecolóxica que tan amablemente Millo e Landras nos organizou todo o fin de semana. Un luxo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.