headerphoto

Rede Galega de sementes

Chegounos a AGHU esta proposta que resulta moi interesante e queresmos compartir con todos vos:

Esta é unha convocatoria para todas aquelas persoas e colectivos interesadas en formar parte dunha rede de sementes.

Levamos xa varios meses organizando actividades relacionadas co tema da conservación e recuperación de variedades antigas e locais de sementes hortícolas e cremos que é necesario empezar a crear unha rede de persoas interesadas en conservar e reproducir algunha destas variedades.

Con tal motivo convocámosvos a participar nunha reunión o domingo 22 de agosto no centro social de Massó, en Cangas, a partir das 11:30 da mañá.

A idea para ese día é a de empezar a construir entre todas a rede e o funcionamento da mesma. Non hai unha orde do día como tal. Trataremos de facer unha presentación pola mañá e empezar a definir que queremos e como queremos que sexa a rede. Ó mediodía faremos un xantar comunal, onde cada quen terá que levar a súa comida, que pode compartir co resto da xente. Pola tarde trataremos de ir pechando cousas e se levarán propostas de actividades así que, si alguén ten algunha proposta, que non dubide en comentala cos demáis.

En canto a temas organizativos, comentarvos que no local social  aínda non hai cadeiras para todos, así que cada cal que se traia tamén algo onde sentarse. Chan hai bastante.

Dádelle difusión a esta mensaxe para que chegue o maior número posible de xente.

Ao longo destas semanas iremos mandando tamén unha proposta de ficha para a recollida de datos, para que na reunión poidamos mellorala entre todos.

Para calquera dúbida podédevos poñer en contacto con Edgar (675 018 407) ou Jacobo (699 117 128 ninhocabra@hotmail.com)

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.