No
mes de Outubro de 2010 celebrouse en Vigo o I Encontro de Hortas da comarca ao
que asistiron tanto hortas comunitarias como individuais ou familiares. No
encontro que se ubicou no espazo de Al-ga en Valadares, aproveitamos para
coñecer o traballo de horta realizado pola xente da Cova, por en común o estilo
de horta de cada unha, as problemáticas coas que nos atopamos e todo aquelo que
foi xurdindo. Un dos acordos aos que chegamos foi o de realizar visitas a diferentes
hortas da zona para coñecer no propio terreo o traballo que se está facendo.
Para
o día 14 de Maio propomos celebrar un segundo
encontro, desta volta na horta comunitaria A
Tira (Candeán). A proposta de traballo é a que segue:
Para o
xantar:
Que cada quen leve algo da casa para compartir. A
Tira subirá unha paellera para facer no momento e compartir entre todas. Haberá
que subir bebida, prato e garfos.
Como chegar
á Tira:
Os autobuses 9A e 9B teñen unha parada moi cercana
á Tira. No mapa pódese ver a ubicación.
http://fc.arkipelagos.net/
0 comentarios:
Publicar un comentario