headerphoto

VII Feira sustentable da Estrada

Nesta edición da feira a xornada técnica trata dous aspectos estratéxicos para a consolidación dun mercado
local de calidade, como son as cooperativas de consumo e as finanzas éticas de base democrática como
alternativa actual entre pequenos produtores e autónomos.

- Celebraranse no Teatro Principal (r/Serafín Pazo s/n) o sábado 14 de maio e o
luns 16.


- Cooperativas de consumo: organización e funcionamento práctico. Sábado 14 ás 11 horas.

O obxectivo –concienciando as familias sobre a importancia de consumir produtos frescos, naturais e de calidade a través de circuítos curtos- é constituír Grupos de Consumo Responsable no territorio Ulla-Umia-Lérez para que os produtos cheguen directamente desde o produtor ao consumidor final.

- Finanzas éticas: unha alternativa de aforro e crédito. Sábado 14 e luns 16 , 19:30 horas.

O obxectivo é potenciar entre o tecido produtivo e asociativo as finanzas éticas de base democrática como unha alternativa no actual contexto de crise económica, ambiental e social; e entre a cidadanía como xeito de
decidir o destino do aforro.

Dirixido ao tecido social e asociativo organizado baixo fórmulas de economía social e solidaria (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas inserción, etc.); persoal técnico relacionado co desenvolvemento local e a formación profesional e ocupacional.

- Mesa de Experiencias de Finanzas Eticas de Base Democrática en Galiza. Sábado 14 ás 19:30 horas, participarán

Asociación por un Interese Solidario O Peto
Coop57 – Cooperativa de Servizos Financeiros Eticos e Solidarios
Fiare Galiza – Banca Etica

- Taller de Dinamización das Finanzas Eticas de Base Democrática. Luns 16 ás 19:30 horas (limitarase a un máximo de 20 persoas)

Traballo en grupos sobre a situación do tecido produtivo e asociativo no ámbito local, proxectos de alto valor social, estratexias para captación de recursos e de intercooperación para o potenciamento das finanzas éticas de base democrática.

Para información ou inscricións contactar a través do tel. 638 104 441 ou do
correo electrónico montecabalar@montecabalar.com

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.