Unha vez máis este verán realizaremos o campamento de verán da AGHU na granxa de "Millo e Landras", propiedade dos nosos socios e amigos Marta e Víctor. Alí poderemos ter un fin de semana no que aprender un pouco máis sobre a horticultura cos cursillos que faremos, estar en contacto coa natureza, os animáis, relaxarnos un pouco e pasalo moi ben cos compañeiros e compañeiras da asociación.
Será acampada libre nos xardíns da granxa. Teremos os servicios mínimos que desinteresadamente nos brinda Millo e Landras. Os desallunos, comidas e ceas faranse en conxunto. Cada un pode levar e aportar o que queira, o demáis tentarémolo consumir da granxa (o que se poida) ou iremos comprar o que se necesite, correndo cos gastos a escote entre todos e todas.
O campamento será o fin de semana do 15 ao 17 de Xullo. Se ben algún chegaremos o día 15 pola tardiña para montar as tendas, tamén se pode vir calquer día solto ou vir únicamente as actividades (sen acampar).
¿Cómo chegar a Millo e Landras?
Dirección: Painzas nº1, Mezonzo. Vilasantar, A Coruña.
Coordenadas GPS: Latitud 43º 3´ 45.64´´ Norte y Longitud 8º 7´26.12´´ Oeste.
¿Que imos a facer?
Venres 15 de Xullo: Montar tendas de campaña, cear xuntos e proxección do documental "Food Inc."
Sábado 16 de Xullo:
- 09:00-11:00: Almorzo comunal e axuda nas tarefas da granxa.
- 11:00-13:00: Mesa redonda sobre "Asociacións e cronoloxías de cultivo ao longo do ano".
- 13:00-16:00: Comida comunal. Entre tod@s prepararemos varios platos con productos ecolóxicos.
- 16:00-19:00: Tarde de piscina e relaxación.
- 19:00-21:00: Proxección do documental "Homo Toxicus".
- 21:00 en diante: Cea comunal, queimada, parola, etc...
- 09:00-11:00: Almorzo comunal e axuda nas tarefas da granxa.
- 11:00-13:00: Mesa redonda sobre "Control de plagas, remedios naturáis e biodiversidade".
- 13:00-16:00: Comida comunal.
- 16:00-19:00: Tarde de piscina e relaxación.
- En diante: Recollida de tendas, limpeza e volta para casa.
As mesas redondas estarán dirixas por un moderador e teremos material de consulta, pero en todo momento todos aportaremos os nosos coñecementos para poñelos en comúns co resto do grupo.
O campamento, como todas as actividades da AGHU, e gratuito e desinterasado, tendo como único gasto o reparto a escote dos gastos de comida, bebida, etc. Con 50€ por persoa para todo o fin de semana seguro que inda vos sobran cartos para comprar productos frescos da granxa. De todas formas, todos e todas as que queirades podedes aportar das vosas casas o que vexades oportuno e terase en conta a hora de repartir gastos.
Para saber cantos vamos a ser, e imprescindible que nos enviedes un correo electrónico a info@hortaurbana.info para confirmar a vosa asistencia, cos vosos datos (imprescindible nº de móbil) e número de persoas que viredes. Si vides ou non con tenda de campaña, etc.
1 comentarios:
Bueno, pois a ver cantas persoas se animan...
Apertas e ánimo, que imolo pasar xenial.
Publicar un comentario