headerphoto

Roteiro polas hortas urbanas de Santiago


Sábado 4 de Xuño as 11:00h. 
Gentalha do Pichel, Santa Clara 21
Santiago de Compostela.

Dentro do marco das festas populares de Compostela, a AGHU en colaboración coa Troita Armada e a Gentalha do Pichel organizan unha xornada sobre horticultura urbana en Santiago.

Comezaremos cunha pequena charla dada por Marta Dominguez, Pilar Ageitos e Ramón Paz, membros da AGHU, que nos falarán sobre a Horticultura Ubana en xeral e máis concretamente sobre o proxecto da AGHU de horta comunitaria en Conxo que se está a levar adiante.

A continuación farase un roteiro polas hortas de San Pedro, Conxo e remataremos na horta da Troita Armada para recoller unhas leitugas e preparar unha ensalada para tod@s que se levará para comer na Plaza da Quintana. Podedes traer da casa máis comida se queredes quedar a comer alí.

A actividade e apta para todos os públicos (traede @s pequen@s que de seguro que o pasan xenial polas hortas). Esperamos contar coa vosa asistencia.

VII Feira sustentable da Estrada

Nesta edición da feira a xornada técnica trata dous aspectos estratéxicos para a consolidación dun mercado
local de calidade, como son as cooperativas de consumo e as finanzas éticas de base democrática como
alternativa actual entre pequenos produtores e autónomos.

- Celebraranse no Teatro Principal (r/Serafín Pazo s/n) o sábado 14 de maio e o
luns 16.


- Cooperativas de consumo: organización e funcionamento práctico. Sábado 14 ás 11 horas.

O obxectivo –concienciando as familias sobre a importancia de consumir produtos frescos, naturais e de calidade a través de circuítos curtos- é constituír Grupos de Consumo Responsable no territorio Ulla-Umia-Lérez para que os produtos cheguen directamente desde o produtor ao consumidor final.

- Finanzas éticas: unha alternativa de aforro e crédito. Sábado 14 e luns 16 , 19:30 horas.

O obxectivo é potenciar entre o tecido produtivo e asociativo as finanzas éticas de base democrática como unha alternativa no actual contexto de crise económica, ambiental e social; e entre a cidadanía como xeito de
decidir o destino do aforro.

Dirixido ao tecido social e asociativo organizado baixo fórmulas de economía social e solidaria (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas inserción, etc.); persoal técnico relacionado co desenvolvemento local e a formación profesional e ocupacional.

- Mesa de Experiencias de Finanzas Eticas de Base Democrática en Galiza. Sábado 14 ás 19:30 horas, participarán

Asociación por un Interese Solidario O Peto
Coop57 – Cooperativa de Servizos Financeiros Eticos e Solidarios
Fiare Galiza – Banca Etica

- Taller de Dinamización das Finanzas Eticas de Base Democrática. Luns 16 ás 19:30 horas (limitarase a un máximo de 20 persoas)

Traballo en grupos sobre a situación do tecido produtivo e asociativo no ámbito local, proxectos de alto valor social, estratexias para captación de recursos e de intercooperación para o potenciamento das finanzas éticas de base democrática.

Para información ou inscricións contactar a través do tel. 638 104 441 ou do
correo electrónico montecabalar@montecabalar.com

Construcción con balas de palla

Pinchar na imaxe para ampliar

Xornadas de horticultura urbana na Troita Armada


A asociación gastronómica "A Troita Armada" (Pombal, 18, Santiago de Compostela), está montando unha horta urbana na parte de atrás de seu local social. A horta xa está comezada pero todavía falta moito por facer. Organizan xornadas de portas abertas para todas as persoas que queiran participar e acercarse un pouquiño máis a horticultura urbana:

1. Venres 6 por confirmar a hora no local. Virá unha furgoneta para traer máis sacos de enmenda organica (compost); os que poidan que e acheguen para axudar a baixalos -son sacos de 25 Kg.

2. Sábado 7 de maio ás 11:30 horas na horta da Troita. Seguiremos a montar os bancais, aterralos e plantado de novas especies de temporada. Precisase levar roupa axeitada para andar con terra e outras plantulas pequenas. Lembrade traer algunha ferramenta (algún sacho, legon, angazo, luvas, botas,...).

Se alguén se apunta a preparar uns pinchos vexetais de temporada que irán a escote entre os comensais podemos quedar e comer no local. Data límite para anotarse: xoves 5 de maio, para poder facer o pedido de vexetais ecolóxicos de temporada.

Email para anotarse: dentalio@mundo-r.com
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.