headerphoto

Curso horticultura. Amigos da Terra.



Da man de Belén Fervenza e Jacobo  Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.
Consulta a Programacion do curso.
Datas: 17 -18 marzo
Horario:  Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
Domingo de 10:00 h a 14:30 h  e de 16:00 h a 18:30 h.
Prezo completo: 110 euros. 100 € para socios/as. inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)
Prezo reducido: 70 euros. inclúe formación e aloxamento (manutención por conta dos/as participantes)
Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional.
Certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten
Inscrición: Envia a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax; antes do 12 de marzo a:

info@ascorcerizas.com
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.