headerphoto

Iniciativa de hortas urbanas en Eirís


Será por hortas. A pesar da perda irreparable das hectáreas de terra en Eirís de Abaixo por mor das obras do Ofimático, estase cocendo a lume lento unha iniciativa totalmente aberta e embrionaria de Hortas Urbanas no barrio. Na cidade xa existen varios exemplos. O máis consolidado é a iniciativa de Hortas Feáns que deu os séus primeiros pasos no 2009 no val de Feáns e que ten na actualidade máis de 30 parcelas en uso.
Hai uns días naceu outra iniciativa na zona da Agra do Orzán, que está a dar os seus primeiros pasos.
A nivel galego, existe a Asociación Galega de Hortícultura Urbana, que pretende actuar de núcleo de encontro para facilitar experiencias e coñecementos deste tipo de iniciativas.
En definitiva, ¿anímaste? envíanos un correo electrónico a info@ocampodafresa.org mostrándonos a túa interese.
Publicación orixinal: http://ocampodafresa.org

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai algunha posibilidade de conseguir un anaco de terra en santiago de compostela sen ser xubilado?.

Ramón Paz dijo...

Si, non hay problema. Escríbenos a info@hortaurbana.info e mándanos os teus datos de contacto.

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.