Evento en Facebook: http://www.facebook.com/events/334246539994406/
Como cada ano, a AGHU reunirase este verán, en agosto, un fin de semana de acampada na granxa de Millo e Landras en Vilasantar para compartir experiencias, coñecementos, sementes e realizar algunas actividades en común (a parte de xantar e pasalo ben).
Dende o Venres 17 ata o Domingo 19 de agosto estaremos concentrados na granxa. Trae a túa tenda de campaña. Gastos de comida e demáis repartiranse a escote. Alimentarémonos preferentemente de productos de Millo e Landras.
Este ano, entre outras cousas, teremos:
- Obradoiro de fisioterapia labrega (posturas e exercicios adecuados para xente que traballa no campo).
- Obradoiro de elaboración de xabóns caseiros.
- Obradoiro de pensamento integral.
0 comentarios:
Publicar un comentario