headerphoto

Resumo da reunión do 7 de Decembro do 2009

Elixiuse mala fecha para a comvocatoria desta reunión, a que o final só acudimos 5 persoas. De todas formas, foi productiva en canto a ideas e debate, e dela xurdiron as seguintes ideas principáis:

Condición de socio
A definición de socio pasa a ser a de persoa ou grupo de persoas (grupo de traballo) que teñen dereito a voz e un voto na Asemblea Xeral, tomando así parte activa na toma de decisións da asociación.
Un grupo de traballo de varias persoas, poderá ser unha familia, grupo de amigos, asociación, ou calquer outro colectivo que teña a súa propia organización interna. Cada grupo de traballo terá un representante formal que se reflexará no libro de socios como persoa de contacto do colectivo.

Tipos de socio
Un socio (ou grupo de traballo) poderá ser de número ou simpatizante. No caso de socio de número a súa cuota social será de 52 horas de traballo o ano (equivalente a unha semanal), e no caso dos simpatizantes, será de 24 horas anuales (equivalente de dúas o mes). A diferencia entre o socio de número e o socio simpatizante será que este último non ten dereito a voto na Asemblea Xeral, pero si entrará dentro do colectivo de socios para actividades, eventos, participación, etc.

Cuota social de horas
A cuota económica típica en tódalas asociacións, susbtitúese por unha cuota de horas de traballo en beneficio global da asociación que cada socio deberá cubrir o longo do ano. Un socio só perderá a súa condición se acumula máis de 104 horas de traballo non realizadas nos últimos dous anos. En caso dos Grupos de Traballo, poderán repartirse internamente dentro do grupo a realización das horas que correspondan o mesmo. Exemplo: Unha familia rexistrada como grupo de traballo, poderán repartirse as horas de traballo entre eles para cubrir o seu cupo de 52 horas o ano.

Traballos a realizar
Todos os socios poden aportar a asociación. Exemplos de traballos que se poden realizar:

  • Tarefas de investigación e desembolvemento de novas técnicas de Horticultura Urbana e elaboración de documentos describindo o método e os resultados.
  • Elaboración de manuales, documentos ou presentación para dar cursiños, palestras, obradoiros, etc.
  • Elaboración de presentacións ou videos sobre o seu grupo de traballo, nacemento, organización, etc.
  • Representación local da AGHU, presentándoa o público e a administración, dándoa a coñecer, negociando coa administración local a cesión de terreos públicos para o cultivo, etc.
  • Representación da AGHU en eventos, charlas, xornadas, etc.
  • Colaboración na organización interna e na organización de eventos, mercadiños, feiras...
  • Impartir obradoiros, clases, palestras, etc, sobre Horticultura Urbana.
Estes non son máis que uns cantos exemplos, pero de seguro que surxirán moitas máis cousas que facer, e neste caso todos temos que aproveitar calquer evento para poder cubrir o noso cupo de horas e así cumprir cas nosas obrigas de socio e a vez, facer que a organización sea productiva para todos.

Próximas reunións
Para evitar quedarnos cinco pelagatos en próximas reunións, pois sodes moitos os interesados na asociación, decideuse facer unhas encuestas nas que podedes participar todos, onde seredes vos quenes deciredes cando e cómo será a reunión dentro das posibilidades plantexadas, a fin de que a unha maioría poida asistir.

Estatutos
Queda pendiente para próximas reunións o debate e posible firma duns estatutos para a asociación, dado que cas ideas expostas hay que modificalos para contemplar a nova condición de socio, e ase de consensuar entre todos antes de firmalos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.