headerphoto

Banco Galego de Sementes

Entre os proxectos que dende a AGHU nos gustaría impulsar está a creación colaborativa dun Banco Galego de Sementes, cos seguintes obxectivos:
  • A conservación de sementes autóctonas para asegurar a Bio-diversidade da flora Galega.
  • O intercambio de sementes autóctonas de plantas de cultivo e alimentación.
  • Recolección de sementes exóticas adaptadas o clima e entorno galego para o cultivo (plantas mediciñais, froitos, etc.).

O proxecto é sen ánimo de lucro, co que o método de BonosHora, se implantaría neste fondo de sementes, tendo así dereito a máis semente aqueles que máis semente aporten (as doazóns a terceiros ou dentro da comunidade e algo privado de cada un).

Entre os movementos que se realizarán será a investigación dun sistema de almacenaxe que sexa eficaz e sostible, a busca dun lugar o máis seguro e protexido posible dentro dos recursos accesibles para a asociación e o control, clasificación e xestión destas sementes.

Sen dúbida para esta labor, será indispensable a axuda de biólogos e/ou expertos en botánica que nos poidan axudar a clasificar e recoñecer os tipos de semente, para entre outras cousas poder saber cales son autóctonas e cales non.

Se crees que podes colaborar neste proxecto e che gustaría facelo, ben aportando sementes, ben co teu traballo desinteresado, ponte en contacto connosco.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.