headerphoto

Bonos Hora

¿Que é un BonoHora (BH)?

É un sistema de intercambio alternativo a moeda oficial do sistema capitalista que ten validez dentro dos membros da asociación. Esta moeda está libre de especulación, inflaccionismo, interese, etc.

¿Cánto vale un BonoHora?

Un BonoHora simboliza o traballo dun agricultor durante unha hora. Por exemplo, se para producir 300KG de un determinado producto, fixeron falta 300 horas de traballo (por redondear), cada kilo de ese producto vale 1BH.

¿Pódese prestar os BonosHora?

Pódense prestar, pero sen interese, e o prestatario só estará obrigado a devolver a misma cantidade que se lle cederon. Grabar un préstamo de BonosHora con interese pode supoñer a expulsión directa da asociación.

¿Quén controla a producción de BonosHora?

Os BHs, non son una moeda física que se teña que acuñar. Existe un rexitro central de contabilidade donde se levará conta dos BHs de cada socio, que serán iguales a súa aportación menos o seu consumo. O normal e que nadie acumule demasiados BHs, pois un vive do seu traballo.

¿Cómo se compra e se vende con BHs?

O socio aporta o seu excedente de produción a asociación, e esta expídelle BHs en función da lista de valores acordada polos socios. Este socio pode canxear estes BHs por alimentos ou productos aportados por outros socios.

¿Cómo se pode empezar a comprar sen BHs?

Pódese solicitar un préstamo de BHs ós socios con maior cúmulo, que de estar dispostos, deberán deixar de forma solidaria e sen interese, con un límite de prazo para a súa devolución. Tamén se pode empezar a comprar desde o mesmo día que se empeza a aportar.

¿Quén controla a contabilidade dos BHs?

A contabilidade de BHs estará a cargo do Tesoureiro, e supervisada en todo momento pola directiva e exposta publicamente nas xuntanzas ós socios. Non existen datos secretos de ningún socio respecto os seus movimentos de BHs. As contas son públicas para os membros da asociación.

¿Pódense falsificar os BHs?

Non e unha moeda de tipo físico, así que non se poden falsificar. O rexistro de contabilidade especifica todas as entradas e as saídas. O total de BHs de todos os socios ten que ser igual o total de Stock. A conta é moi fácil.

¿Qué pasa si non se consume o producido?

Para que non se estropee a comida e que en ningún caso e teñamos que tirala, haberá dúas alternativas:
  1. Doala a algunha organización benéfica de caracter humanitario (Cáritas, Comedores Sociales, Etc.), cargando o custo en BHs entre todos os socios.
  2. Repartila entre os socios e grabar o custo en BHs de forma solidaria entre todos.
En calquera dos casos o grabamen de custo en BHs será repartido de forma solidaria entre todos os socios con BHs positivos.

¿Pódense ter BHs negativos?

O traballo simboliza enerxía, e polo tanto nunca pode ser negativo. A fórmula fundamental dos BHs é: BHs totales = Stock.

¿Cómo se poden acumular BHs a un prazo máis longo?

De forma natural, producindo alimentos almacenables e conservables durante máis tempo.

¿Cánto vale a materia?

Nada, a materia é un ben común da humanidade. O que vale e o esforzo humano de operar con ela. Nadie pode por exemplo intercambiar BHs por terra, por que a terra non se ganou co traballo de nadie. Pero si que se pode intercambiar traballo por BHs, de tal forma que un socio con exedente pode pedirlle a outro que lle axude a cambio de BHs.

¿Que se necesita para chegar a este sistema?

O primeiro é organización, consenso e diálogo sano e solidario. E despóis hay que ter en conta os seguintes datos:
  1. Un local social con sitio para almacenaxe de alimentos non perecedeiros.
  2. Un sistema informático sinxelo para centralizar a contabilidade (e nun futuro que os socios poidan xestionar os seus BHs a través de internet).
  3. Moeda de curso legal para poder afrontar os gastos do local, suministros, etc.
¿Cómo consigue a asociación a moeda de curso legal?

Mediante ás aportacións dos socios, doativos ou vendendo parte da súa producción fora da asociación.

Sistema en desenvolvemento

Este sistema nón é definitivo. Non é máis que unha idea inicial sobre a que empezar a traballar entre todos.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.