headerphoto

Paseniño - Filosofía Slow

Hoxe máis ca nunca, o individuo moderno vive sumido nunha particular carreira de obstáculos na que controlar o cronómetro hasta a milésima determina a nosa existencia. A desconexión do medio natural e o seu tempo, ligado ás estacións e demáis factores que escapan ó noso control, parece un espexismo nas sociedades occidentáis de hoxe en día. As cidades vólvense anónimas e levitamos, sumidos no noso peculiar universo de intereses. A presa e o motor de todas as nosas acción e a cinética de grand prix envolve a nosa vida acelerándoa, economizando cada segundo, rendindo culto a velocidade que nos fai ser meiores.

O movimento Slow non pretende abatir os cimentos do construido hasta hoxe. A súa intención e iluminar a posibilidade de levar unha vida máis plena e desacelerada, facendo que cada individuo pouda controlar e apoderarse do seu propio periplo vital. A clave reside nun xuízo acertado da marcha adecuada para cada momento da carreira diaria. Débese poder correr cando as circunstancias apremian e soportar o temido estrés que en demasiadas ocasións nos embarga; pero a vez saber deterse e disfrutar dun presente prolongado que en demasiados casos queda sepultado polas obrigas do futuro máis inmediato.

Demasiadas veces a lentitude ven asociada con valores negativos. Torpeza, desinterés, tedio son dimensións que non recollen os efectos beneficiosos de unha actitude pausada, ben razonada e segura.

As decisións importantes non sempre deben tomarse ó azar, impulsivamente, eso sabémolo todos. Resulta difícil crer que levar adiante máis de unha actividade o mesmo tempo poida deparar resultados positivos; máis ben mediocridad nos distintos escenarios. Asimesmo, non sempre a inaactividade é sinónimo de vacío. A actitude contemplativa integranos no medio e pode ser o refuxio de ideas brilantes que nos axuden positivamente no noso proceder.

O movemento Slow quere dar ferramentas ós individuos para que as súas existencias non sexan una mera sucesión de escenarios encadeados, desprovistos de mocións.

En definitiva, o movemento Slow e unha fonte de pracer, útil para alonxarse dunha vida estandarizada rexida polo minuteiro do noso reloxo de pulseira, sometida por unha velocidade que erradica a nosa capacidade para disfrutar do momento esperado cando este por fin se asoma.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.