headerphoto

Feira do producto caseiro e ecolóxico en Compostela

Este sábado 23 de Xaneiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha feira de productos caseiros e ecolóxicos na alameda de Santiago de Compostela. De 10:30 a 14:00 poderanse mercar todo tipo de productos da granxa e da horta de labregos galegos que seguen producindo os seus productos de xeito artesanal e ecolóxico.

Entre os postos, o noso socio, Victor Voga, da granxa Millo e Landras terá un posto con queixo artesán, ovos da casa e outras cousiñas que farán as nosas delicias, de seguro.


.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.