headerphoto

Macetohuerto, software para horticultura urbana

 

Macetohuerto, e unha aplicación desenvolvida para os iPhone e os iPod touch, destinada a aquelas persoas interesadas en iniciarse na horticultura urbana.
Na aplicación colaborou a empresa catalá Horturbá e levou uns 3 meses de traballo realizala. Nela púxose todo o empeño por ofrecer contidos de calidade e que sexa unha aplicación que de verdade sexa de axuda. A aplicación ten un prezo de 1,59€.

¿Qué podes topar en Macetohuerto?
  • Tipos de hortalizas.
  • Botánica de cada hortaliza.
  • Propiedades.
  • Tipos de cultivo.
  • Exemplos de utilización, tanto para pratos culinarios como para curas.
  • Busca por hortalizas.
  • Calendarios para semente protexida, directa, transplante e colleita.
  • Exemplos de asociacións de hortalizas na mesa de cultivo.
  • Acesos de axuda.
  • Toda a información sobre os tipos de substratos e abonos e cómo utilizalos.
  • Grados de acidez.
  • Cantidades mínimas necesarias para cada tipo de planta ou hortaliza.
  • As mellores mesturas para as hortalizas.
  • Cómo crear o teu propio compostaxe.
  • Táboas e guías de axuda.
  • Fotografías.
  • Loita ecolóxica contra pragas.
  • Busca por tipo de praga.
  • Remedios contra pulgón, mosquiña branca, fungos, etc.
  • Consellos de cultivo ecolóxico para ter unha horta sana.
  • Consellos sobre tipos de rego.
  • Regos por contagotas.
  • Sistemas de rego específicos para horticultura urbana.
  • Táboas de rego.
  • Podes facer fotos da túa horta e hortalizas e envialas directamente a Facebook ou a Flickr, así coma mandalas por correo electrónico (require conexión a internet).
  • En breve terase un servidor propio para poder compartilas con outros horticultores urbanos.
  • Coa aplicación podes facer un seguimento e tomar apuntes sobre os progresos da túa horta.
  • Engadir tarefas por defecto ou engadir novas.
  • Alarmas e avisos de tarefas pendentes.
  • Ligazóns a tendas de semente.
  • Vídeos relacionados coa horticultura urbana.

Se estás interesada/o na aplicación, podes adquirila na tenda de itunes:


A web da aplicación: http://www.macetohuerto.net

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.