headerphoto

Cursiño para formadores en Horticultura Urbana

A AGHU organiza un cursiño para preparar formadores en horticultura urbana. Será na granxa "Millo e Landras". O cursillo constará de tres partes, que serán impartidas por tres persoas con experiencia na materia:

Sábado 17 pola mañá de 10:00 a 13:00: Cursiño xeral de horticultura en chan. Impartido por Victor e Marta (donos de Millo e Landras) e Antonio (Permacultor).
Sábado 17 pola tarde de 16:00 a 19:00: Cursiño de compostaxe impartido por Marta Dominguez (Experta en compostaxe).
Domingo 18 pola mañá de 10:00 a 13:00: Cursiño de horticultura en testos e mesas de cultivo. Impartido por Ramón Paz (Especialista en mesas de cultivo).

Tras o cursiño, cada alumno elixirá un titor que supervisará un proxecto tutelado de horticultura urbana que terá que levar adiante para demostrar e practicar o aprendido. Aqueles que consigan levar adiante os seus proxectos recibirán un título de recoñecemento da AGHU.

A idea e preparar formadores para despois preparar un aula intinerante por toda Galiza que a AGHU levará adiante en colaboración con Verdegaia. Estos formadores encargaranse de dar charlas con antelación para ir anunciando os cursiños, coordinar o cursiño na súa cidade e impartir as clases chegado o momento. Cabe sinalar que xa que os cursiños son gratuitos, o que se prepare como formador ase de comrprometer dentro das súas posbilidades a encargarse de colaborar coa aula intinerante de horticutura urbana.

Para o tema do aloxamento, iremos de acampada á granxa onde hay sitio para tendas. Alí hay aseos, cociña, e todo o necesario para estar. Cada un ha de levar tienda, saco para dormir, esterilla ou colchón inchable, roupa e toallas. As comidas organizaranse entre todos e repartiranse gastos, así como as tarefas de preparar, limpar, etc. Algún iremos o venres pola tarde-noite para montar a tenda. Recolleremos o domingo pola tarde. O sábado pola noite faremos unha queimada.

Aquelas persoas interesadas no cursiño deben enviar canto antes un correo electrónico a info@hortaurbana.info

¿Cómo chegar a Millo e Landras?
Dirección: Painzas nº1, Mezonzo. Vilasantar, A Coruña.
Localización en Google Maps
Coordenadas GPS: Latitud 43º 3´ 45.64´´ Norte y Longitud 8º 7´26.12´´ Oeste.


Dende Santiago tentaremos sair todos os que poidamos xuntos dende a porta do Pazo de Congresos o Venres 16 as 19:00. Tamén miraremos a ver si podemos aforrar coches organizándonos ben.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.