headerphoto

Horta Urbana de Monte Porreiro, Pontevedra.


O luns 03 de Maio do 2010 púxose en marcha a primeira horta urbana municipal do Concello de Pontevedra. Nela traballaron arredor de vinte rapaces do Instituto Valle-Inclán plantando tomates, coles, pementos, pepinos, fresas, leitugas… Arredor de 400 escolares de Pontevedra participarán durante os próximos dez días neste proxecto de Horta Urbana que pon en marcha a Concellaría de Medio Ambiente Urbano. Dentro do seu programa A cidade é túa! Enerxía verde, a concellaría traballará con alumnos do Valle Inclán, Marcos da Portela, Luís Seoane e Os Campos en tarefas agrícolas, técnicas de cultivo, técnicas da agricultura tradicional.

Noticia Completa

Pesquisas de Alba Fernández:


Tras informarme telefónicamente no Concello esta foi a información que recopilei:


"A seccións de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra organiza unhas xornadas de plantación para escolares, menores de 13 anos, nunha horta urbana habilitada no mirador de Monteporreiro desta cidade.
A plantación que comenzou onte, 3 de maio e levarase a cabo polas mañás ata o día 14 de maio, manterase posteriormente 2 o 3 meses por ao redor de 400 a 500 escolares de Colexios e Institutos da cidade ,así como, polo persoal de Parques e Xardíns ata acadar a recolleita dos vexetais cultivados.
Nas xornadas que atopanse xestionadas pola empresa Vertebra ambiental e executadas polos monitores de educación ambiental de Ventos empregaranse aparellos de labranzas e mostras de microscopios e formarase aos escolares entregandolles posteriormente documentación ao respeto.
Dende a Concello indicannos que o Técnico de parques e Xardíns Manuel Fontáns, inxenieiro de Montes, levará a cabo proximamente unha proposta de horta urbana a beira do río Gafos."


A reporteira do Lerez

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.