headerphoto

Impulsando o comercio local


O GDR Ulla Umia Lérez coa colaboración dos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Portas, Valga, Catoira, Pontecesures, Cerdedo e Forcarei está a desenvolver un proxecto de comercialización de produtos agroalimentarios destinado a todas as persoas que cultiven horta, froita e viño e queiran vender a súa produción.
Coa intención de:
  • Elaborar un catálogo de produtoras e produtores da zona.
  • Potenciar a economía local no ámbito do GDR-20.
  • Poñer en contacto directo produtores de alimentos naturais con consumidores.
  • Facer unha cooperativa de consumo.
Se estás interesad@ nesta iniciativa anótate xa!-> No teu concello
-> Ou ben no GDR Ulla Umia Lérez: teléfono 986570458 ou a través da conta de correo electrónico secretaria@ullaumialerez.eu



0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.