headerphoto

Picnic do decrecemento

¿Qué defende o movimento polo decrecemento?


O abandono das crenzas tradicionáis e irracionáis do capitalismo neoliberalista e un cambio cara a valores non cuantitativos e mercantilistas, cara outras formas de riqueza, nomeadamente o progreso das relacións do home coa sociedade.


O crecemento ilimitado (e tamén o seu fillo, o crecemento sostible) é unha crenza. É a crenza na que se basea a realidade de todo o noso sistema político e económico. Pero é unha crenza disparatada, porque se fundamenta no consumo de recursos indefinidamente e os recursos deste planeta son finitos. A súa contrapartida, o decrecemento, non é un concepto simétrico, aclara o que posiblemente sexa o seu ideólogo mais representativo, é un slogan provocador, unha contraposición da mesma índole que o ateísmo respecto á fe.




¿Qué e o picnic polo decrecemento?


Un evento a nivel mundial, organizado pola xente para a xente, no que todo o mundo pode participar a dar a coñecer as ideas defendidas por este movimento e falar e discutir sobre elas. Un momento para falar, para socializarse, para ensinar e para aprender.
En cada cidade por iniciativas de grupos locales faise un picnic no que cada un leva unha receta para compartir.

Cómo organizar un evento e o mapa de eventos organizados nestos momentos pódelo consultar na web:

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.