headerphoto

Resumo da xornada de sementes de Redondela


O primeiro día foi a mesa redonda "Necesidade da creación dunha rede galega de sementes". Os ponentes foron Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) e Edgar (productor ecolóxico cunha pequena explotación en Fornelos de Montes). Falouse do enorme interese da conservación das variedades locais e o grave risco de extinción de moitas delas. O SLG ten dende hai tempo a idea de organizar unha rede galega de sementes e, incluso, teñen recollidos datos de productores que cultivan determinadas variedades. En principio non se concretou nada, aínda que @s organizadores pasaron unha ficha entre os participantes para ter un pequeno rexistro das variedades locais que cultivaban. Tamén comentaron que eles, de xeito particular, estaban en contacto coa "Red de semillas" (http://www.redsemillas.info/).

O segundo día houbo unha charla técnica sobre a problemática das hibridacións e as técnicas para evitar que as nosas variedades locais hibriden con outras variedades, así como as técnicas de extracción de sementes. Pola tarde visitamos a explotación de Edgar e Su en Fornelos de Montes, onde puidemos ver algunhas das cousas das que se falaron pola mañá.



Na foto onde se ven uns pequenos invernadoiros son, realmente, túneles feitos cun tecido para evitar as hibridacións dunhas variedades de tomate con outras.

As xornadas estiveron moi ben, a verdade.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.