headerphoto

Cando a horta completa a nómina


O produto cultivado ou criado «na casa» converteuse en marca de calidade, máis aló da rebaixa que supón na cesta da compra. Preto de 500.000 fogares galegos continúan consumindo ovos, verduras ou froitas da horta.

Son 486.574 fogares galegos os que, segundo as cifras que manexa o IGE, aforran importantes cantidades na cesta da compra ao cultivar verduras ou criar animais en casa. Os datos tamén inclúen ás familias que reciben produtos do campo como agasallo de terceiros ou a aquelas que aproveitan calquera viaxe á aldea para vir con algún saco de patacas ou unha caixa de pementos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.