headerphoto

Comezan a subir os prezos dos alimentos


Por todos/as e sabido que o cambio climático, a crisis financieira mundial e a propia estructura do mercado capitalista neoliberal sustentado na burbulla enerxética do petroleo rematarían nunha grande crisis económica, política e social... pero tamén alimentaria.

Sen ánimo a sermos paxaros de mal agüeiro, o certo e que esas repercusión, que fai pouco viamos tan lonxe, xa está chamando a porta das nosas casas. A fame vai cada día en aumento, atacando de forma máis acuciante as cidades e as zonas ruráis con dificultade de acceso a auga.

Hoxe no periódico El Pais podemos ler nesta noticia:

"Los precios del trigo harino-panadero se incrementaron en los últimos meses un 50% al pasar de una media de 0,14 euros a más de 0,22 euros por kilo."

"Los piensos ya han registrado un incremento de entre un 8% y un 15%, según fabricantes y tipos de producto. Las materias primas suponen entre el 70% y el 75% de los costes. En medios de la industria se teme que las subidas puedan agravar los problemas que ya tienen los ganaderos y que se sigan recortando los censos ante la dificultad para repercutir los costes en la venta de animales o en la leche."

"En 2008, consecuencia de la fuerte subida de los precios de los cereales y de la crisis alimentaria mundial, los precios del trigo y los piensos también registraron una fuerte subida."

Está ben claro que cada vez os prezos subirán máis, e cada vez e máis necesaria e acuciante a necesidade de traballar en pro da nosa soberanía alimentar e completar a economía da casa con alimentos, e non só con cartos, que nun futuro, poderán comprar ou no esos alimentos.

Sen dúbida, nas urbes está moito máis complicado polo acinamento e a falta de espazo vital. Por eso temos que ir pensando en alternativas viables e cambiar o chip máis rápido, se cadra, do que xa estamos acostumados/as.

Fogar + Auga + Alimentos + Ingresos mínimos = vida segura.

Sólo cartos = incertidumbre.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.