HORARIO: 19.00-22.00 horas.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Escola Unitaria de Herbogo- Rois.
TLF. DE INFORMACIÓN: 981 588 532
|
ir a principal |
Ir a lateral
Sobre nós
A Asociación Galega de Horticultura Urbana, é un núcleo de encontro entre persoas e colectivos para o intercambio de experiencias e coñecementos sobre a Horticultura Urbana, así como o acercamento social entre elas.
Tras un gran esforzo persoal acadouse levar a Asociación adiante, facer actividades, crear hortas por toda Galicia e facer roldas de palestras e cursiños para promover a horticultura urbana. O primeiro obxetivo foi acadado, promover a horticultura urbana en Galicia e dala a coñecer. O tempo, ou a falta del, fixo que pouco a pouco os membros da directiva tivesen que abandoar o voluntariado, e a pesar de contar con 500 socios, en varios chamamentos non apareceron voluntarios para xestionar estos necesarios postos de dirección. A falta de dirección levou a asociación a un estancamento do que inda non saiu dende o 2012. A estas alturas, o único activo nela e o grupo de Facebook da propia asociación, no que a xente segue participando e ao que te invitamos a unirte. Entradas por temas
Curso de Horta Ecolóxica en RoisHORARIO: 19.00-22.00 horas. LUGAR DE CELEBRACIÓN: Escola Unitaria de Herbogo- Rois. TLF. DE INFORMACIÓN: 981 588 532 Doucho de baldeExisten iniciativas por todo o territorio español que baixo o lema "Te lo doy" o "Te lo doy gratis", pretenden fomentar o intercambio de forma gratuita entre os seus usuario de todas esas cousas que non utilizan: Cunas, roupiña dos nenos que quedou pequena, bicicletas, xoguetes, libros, tecnoloxía que xa non se usa, electrodomésticos, ferramentas, o que sexa... Estamos máis acostumados a mercadiños de troco, no que se espera recibir algo a cambio de igual valor, pero moitas veces o máis difícil e chegar a topar con quén chegar a un acordo. Desta forma e moi sinxelo, só precisamos un pouco de altruismo e desapego polo material... ¿Non o precisas? Entonces non ten valor para ti. A forma máis sinxela de poder facer chegar os "anuncios" do que se regala os demáis e a través de internet, e un lugar no que introducir esos anuncios é gratis, e ademáis a xente o usa de forma asidua e masiva, e Facebook. Por iso nace en galicia "Doucho de balde" un grupo de Facebook que busca poñer en contacto a xente que ten cousas que dar e regalar con aquela xente que as pode precisar. Ademáis... ¿Porqué non? Tamén se poden regalar sementes, excedentes de producción, e todas estas cousas que nos afectan directamente a horta... incluso poderíamos deixar para traballar (que non regalar) aquelas terras que non utilizamos. Un punto de encontro para todo. Encontro de hortas da área de Vigo
Compañeiras/os:
Poñémonos en contacto con vos para convidarvos a participar do encontro de hortas da zona da ría de Vigo que estamos a preparar para o vindeiro mes de Outubro. O obxectivo deste primeiro encontro sería, básicamente, o de tomar contacto, coñecérmonos, e por en común as expectativas que cada quen de nos teriamos sobre a existencia desta posible “rede” de hortas que se podería comezar a tecer. Posto que é un primeiro encontro, en certa medida exploratorio, estámonos dirixindo fundamentalmente a colectivos e persoas con quenes temos certo contacto, deixando unha convocatoria máis masivas quizais para posibles futuras xornadas. En todo caso, agardamos que poidades facer chegar tamén a a convocatoria aos vosos propios contactos que consideredes poidan ter interese no encontro. A data proposta é o sábado 16 de Outubro. Lugar: horta da asociación alg-a*. Alí dispomos tamén dun espacio cuberto, no caso de que o tempo non permitise estar no exterior. A xornada comezaría pola maña, e duraría todo o día, co obxectivo tamén de poder xantar xuntas/os*. A estructura da xornada sería a seguinte: Maña (11:00-14:00 h): -Breve presentación de cada horta: tipo (colectiva, familiar…), historia, características, etc. Tarde (17:00-20:00): -Posta en común das ideas sobre a construción dunha posible “rede” de hortas de Vigo e o seus e obxetivos (p. ex: posibilitar o intercambio de experiencias, coñecementos e materiais (p.ex. ferramentas); intercambio de sementes e excedentes; potenciación da recuperación de espacios para creación de hortas, e apoio ao acceso a terreos por parte de quen non dispon deles; compartir traballos; realización de xornadas de formación; etc.). -Conclusións. Para claqueira dúbida: pautoski@gmail.com Organizan: A Tira, Caleidoskopio e hortas individuais. *Dirección: Camiño da Igrexa, n254. Barrocas, Valadares. Como chegar http://www.alg-a.org/spip.php?page=ubicacion_lab **Para isto, propoñemos que cada un/ha de nos traimos xa algo de comida feita, pero tamén algun producto da horta co que poidamos elaborar unha ensalada común. Alí disporemos de pratos e cubertos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
DocumentosVideos
Ligazóns de interese
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.
|