headerphoto

Doucho de balde


Existen iniciativas por todo o territorio español que baixo o lema "Te lo doy" o "Te lo doy gratis", pretenden fomentar o intercambio de forma gratuita entre os seus usuario de todas esas cousas que non utilizan: Cunas, roupiña dos nenos que quedou pequena, bicicletas, xoguetes, libros, tecnoloxía que xa non se usa, electrodomésticos, ferramentas, o que sexa...

Estamos máis acostumados a mercadiños de troco, no que se espera recibir algo a cambio de igual valor, pero moitas veces o máis difícil e chegar a topar con quén chegar a un acordo. Desta forma e moi sinxelo, só precisamos un pouco de altruismo e desapego polo material... ¿Non o precisas? Entonces non ten valor para ti.

A forma máis sinxela de poder facer chegar os "anuncios" do que se regala os demáis e a través de internet, e un lugar no que introducir esos anuncios é gratis, e ademáis a xente o usa de forma asidua e masiva, e Facebook. Por iso nace en galicia "Doucho de balde" un grupo de Facebook que busca poñer en contacto a xente que ten cousas que dar e regalar con aquela xente que as pode precisar.

Ademáis... ¿Porqué non? Tamén se poden regalar sementes, excedentes de producción, e todas estas cousas que nos afectan directamente a horta... incluso poderíamos deixar para traballar (que non regalar) aquelas terras que non utilizamos. Un punto de encontro para todo.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

caralludo, isto é o que fai falla para cambiar o sistema ante tanta crise

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.