headerphoto

Encontro de hortas da área de Vigo

Compañeiras/os:

Poñémonos en contacto con vos para convidarvos a  participar do encontro de hortas da zona da ría de Vigo que estamos a preparar para o vindeiro mes de Outubro.

O obxectivo deste primeiro encontro sería, básicamente, o de tomar contacto, coñecérmonos, e por en común as expectativas que cada quen de nos teriamos sobre a existencia desta posible “rede” de hortas que
se podería comezar a tecer.

Posto que é un primeiro encontro, en certa medida exploratorio, estámonos dirixindo fundamentalmente a colectivos e persoas con quenes temos certo contacto, deixando unha convocatoria máis masivas quizais
para posibles futuras xornadas. En todo caso, agardamos que poidades facer chegar  tamén a a convocatoria aos vosos propios contactos que consideredes poidan ter interese no encontro.


A data proposta é o sábado 16 de Outubro.

Lugar: horta da asociación alg-a*. Alí dispomos tamén dun espacio cuberto, no caso de que o tempo non permitise estar no exterior.

A xornada comezaría pola maña, e duraría todo o día, co obxectivo tamén de poder xantar xuntas/os*.


A estructura da xornada sería a seguinte:

Maña (11:00-14:00 h):

-Breve presentación de cada horta: tipo (colectiva, familiar…),
historia, características, etc.


Tarde (17:00-20:00):

-Posta en común das ideas sobre a construción dunha posible “rede” de hortas de Vigo e o seus e obxetivos (p. ex: posibilitar o intercambio de experiencias, coñecementos e materiais (p.ex. ferramentas); intercambio de sementes e excedentes; potenciación da recuperación de espacios para creación de hortas, e apoio ao acceso a terreos por parte de quen non dispon deles; compartir traballos; realización de xornadas de formación; etc.).

-Conclusións.

Para claqueira dúbida: pautoski@gmail.com


Organizan: A Tira, Caleidoskopio e hortas individuais.

*Dirección: Camiño da Igrexa, n254. Barrocas, Valadares.

Como chegar http://www.alg-a.org/spip.php?page=ubicacion_lab

**Para isto, propoñemos que cada un/ha de nos traimos xa algo de comida feita, pero tamén algun producto da horta co que poidamos elaborar unha ensalada común. Alí disporemos de  pratos e cubertos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.