headerphoto

Terras para hortas preto de Santiago


A Asociación Arquinatura, con sede en Santiago de compostela, ofrece terreos para o cultivo hortícola para aquelas persoas interesadas no cultivo de autoconsumo. Arquinatura consigueu a través do BanTeGal (Banco de Terras de Galicia) un terreo de 5.00 metros situado en Agualada, a 10 minutos de Santiago pola carretera da Coruña. Entre Santiago e Sigüeiro.

O terreo tópase o monte. A intención e organizar unhas primeiras visitas de recoñecemento ao terreo para organizar o traballo e planificar as parcelas. As primeiras visitas serán tamén para coñecerse entre os interesados con comilona de picnic (cada un levaría a súa comida).
Contémplase a posibilidade de traballar e colaborar con persoas axenas a asociación, pero falta por establecer as condicións.

Aquelas persoas interesadas en participar poden entrar en contacto coa asociación:

Asociacion Arquinatura
Rua de Santo Agostiño 6, B
Santiago de Compostela
15704

asociacion.arquinatura@gmail.com
tel: 881 123 504
movil: 697 446 571

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.