Vista xeral do primeiro bancal da horta de Santa Marta, en Santiago.
O longo do ano 2010 o Alcouve (grupo organizado de horticultores urbáns dunha cidade) de Santiago estivo preparando un proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, no que se presentou ao concello unha proposta para facer unha horta comunitaria no barrio de Santa Marta. Nese proxecto detallouse todo o plan de accións, o custe (0€), os diferentes membros do equipo e as súas especialidades, planos, calendario, etc. Incluso estaba acompañado de análisis do solo solicitado feitos pola universidade. O concello desestimou o proxecto calificándoo de "insuficiente" e en segunda instancia apelando a normativa municipal que permite a cesión de terreos para horticultura a persoas físicas, pero non a asociacións. Lixeiramente indignados e disgustados despois de todo o traballo realizado, o equipo levou a votación da Xunta Xeral da AGHU a posibilidade de "ocupar" un terreo público en desuso para montar unha horta, aprobándose a proposta por unanimidade.
Para arrancar a horta elixiuse un recuncho afastado dun terreo municipal que non está sendo utilizado (nin está previsto a curto plazo). Limpouse o lugar de basura, acondicionouse e xa temos montado o composteiro (na foto a esquerda en negro) o depósito de recollida de auga da choiva (depósito azul) e o primeiro bancal que xa se sementou onte con Cenoria, Espinaca, Cebola, Pirixel e Albahaca. En próximos días procederase a incorporar plantel de Acelga. Xa se están a preparar en sembra protexida (nas nosas casas) plantel de tomate, Pementos de varios tipos, leituga, etc. O equipo de traballo e dun total de 7 persoas.
Esta iniciativa non só pretende ser unha horta para autoconsumo na cidade, senón unha iniciativa de grupo, veciñal, e aberta a todo aquel que queira participar (a parcela ten miles de metros cuadrados, hay sitio para todos). Os veciños máis cercanos xa foron avisados para participar, que poidan levar os seus restos orgánicos ao composteiro, así coma traer a nenos e nenas a participar da horta.
Cartel nunha das árbores da horta que explica a iniciativa e invita a participar.
Esperamos que este proxecto sirva como exemplo do que pretendemos impulsar dende a AHGU: a participación cidadá, o cambio de mentalidade urbana, a soberanía alimentaria das urbes, e sobretodo vos anime a perder o medo a sementar vida. ¡Anímate, crea a túa propia horta!
1 comentarios:
Noraboa. Alegróme de que por fin os membros da AGHU poda expresar o seu interese en cultivar.
A seguir camiñando.
Apertas.
Publicar un comentario