A charla de presentacion terá lugar o vindeiro Venres 4 de Marzo as 21:00 no local da asociación, situado na Rúa Pombal, 18, en Santiago de Compostela.
O acto contará coa colaboración de Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU, que falará sobre a horticultura urbana, unha visión xeral das técnicas e un repaso do que será o proxecto e o seu funcionamento. Esta horta estará aberta a todo aquel que queira participar en ela.
O rematar a charla, e como e costume na Troita, haberá sesión degustación de pinchos de productos locáis e ecolóxicos.
Estades tod@s convida@s a participar de esta xornada. Para acudir haberá que confirmar asistencia (a causa dunha boa planificación da parte culinaria) enviando un correo electrónico a atroita@itacafederacion.org
0 comentarios:
Publicar un comentario