E un pracer poder anunciarvos a celebración da próxima Asamblea Xeral da AGHU:
Lugar: Horta da AGHU en Conxo.
Data: Sábado 30 de Abril.
Hora: 14:00 comida. 16:00 reunión asamblearia.
O plan será quedar todas as persoas que poidades vir, as 14:00 para comer xuntos na horta nunha tarde de comida campestre. Todos/as levaremos comida para unha persoa. Despois si queremos poñer en común para probar un pouco de todo será decisión libre de cada un.
A horta de Conxo está ao carón de Santa Marta, en Santiago, ao final da Rúa das 13 Rosas:
Coordenadas GPS: 42.865869, -8.558302
Google Maps: http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=&daddr=42.865869,-8.558302&hl=es&geocode=&mra=mift&mrsp=1&sz=18&sll=42.866084,-8.558393&sspn=0.001927,0.005284&doflg=ptk&ie=UTF8&t=h&z=18
Orde do día:
- Repaso das actividades realizadas durante o último ano.
- Repaso das actividades programadas para o ano en curso.
- Programación de novas actividades para o ano en curso (entre elas a acampada de verán).
- Coordinación de novos grupos organizados (Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Coruña, Ferrol, Vilagarcía, etc...)
- Posta en común sobre dúbidas, suxestións, etc.
- Elección e/ou reelección da xunta directiva.
Esperamos a participación e colaboración de todos/as e que esta asamblea sexa unha gran reunión da AGHU.
Recordade que estaremos ao aire libre, así que traede viseiras e sombriñas para o sol, mesa e cadeira plegable se o desexades, etc.
Moitas grazas de antemán pola vosa participación. Esperamos poder vernos todos ese día e poder poñer en común as nosas experiencias coa horticultura urbana.
0 comentarios:
Publicar un comentario