headerphoto

Invernadoiros en tellados


Unha imaxe vale máis que mil palabras, e esta describe perfectamente a idea que nos chega dende Montreal. Un invernadoiro de 3.000 m2  que cubre todo o tellado de esta gran nave en medio da cidade.

Sen dúbida unha gran inversión, arriscada e a contracorrente do "pensamento habitual" das urbes, pero tan revolucionaria como práctica, pois permite ter unha gran producción protexida das choivas contaminadas das grandes urbes, e protexidas do frío do inverno.

Cando a un tellado en vez de tellas, uralitas ou pedra se lle pon un invernadoiro de fibra de vidro ríxida, temos doble función, non chove por enrriba da estructura (que e o que se busca co tellado clásico) e ademáis temos lugares ideais para o cultivo.

1 comentarios:

grovesolar dijo...

e o que non se comenta aquí, o aforro enerxetico que supon para a vivenda, oficina, etc, sobre todo si nas nosas latitudes prescindimos da cuberta no veran.

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.