Unha imaxe vale máis que mil palabras, e esta describe perfectamente a idea que nos chega dende Montreal. Un invernadoiro de 3.000 m2 que cubre todo o tellado de esta gran nave en medio da cidade.
Sen dúbida unha gran inversión, arriscada e a contracorrente do "pensamento habitual" das urbes, pero tan revolucionaria como práctica, pois permite ter unha gran producción protexida das choivas contaminadas das grandes urbes, e protexidas do frío do inverno.
Cando a un tellado en vez de tellas, uralitas ou pedra se lle pon un invernadoiro de fibra de vidro ríxida, temos doble función, non chove por enrriba da estructura (que e o que se busca co tellado clásico) e ademáis temos lugares ideais para o cultivo.
1 comentarios:
e o que non se comenta aquí, o aforro enerxetico que supon para a vivenda, oficina, etc, sobre todo si nas nosas latitudes prescindimos da cuberta no veran.
Publicar un comentario