ir a principal |
Ir a lateral
A Plataforma Galega contra a Lei de Augas anuncia mobilizacións para o 20 de marzo
O novo colectivo cívico presentouse hoxe en Compostela, está aberto a novas adhesións e conta, polo de agora, co apoio do Sindicato Labrego, Organización Galega de Comunidades de Montes, Verdegaia, Amarante, Altermundo e Marcha Mundial das Mulleres.
A Plataforma Galega contra a Lei de Augas deuse a coñecer hoxe, 23 de febreiro, en Compostela, coma un movemento que aglutina a diversos colectivos sociais de Galiza cunha fin común: a derrogación da Lei de Augas de Galicia. Están adheridos ou amosaron o seu apoio á Plataforma Galega contra a Lei de Augas organizacións e movementos como o Sindicato Labrego Galego (SLG), a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Altermundo, Verdegaia, Amarante ou a Marcha Mundial das Mulleres. A Plataforma segue aberta a novas adhesións; así o fixeron saber os e as representantes de colectivos que hoxe oficiaron como portavoces da mesma: Carme Freire, secretaria xeral do SLG; Xosé Alfredo Pereira, presidente de ORGACCMM, e Manoel Santos, director de Altermundo.
Carme Freire adiantou que, nestes intres, estase a redactar un manifesto da Plataforma Galega contra a Lei de Augas que, en breve, se dará a coñecer; e adiantou a data de comezo das mobilizacións para forzar a derrogación desta lei “lesiva para toda a cidadanía”: o 20 de marzo, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Auga. Freire xustificou a xestación da Plataforma e a convocatoria de mobilizacións por dous motivos fundamentais. En primeiro lugar, porque “a auga é un ben público, un ben da natureza e, polo tanto, non pode ser obxecto de negocio para ningún tipo de empresa, calquera que sexa a súa natureza; ademais, a auga debe ser un ben gratuíto para a vida das persoas, dos animais e da sociedade”. En segundo lugar, porque “non se pode privatizar un ben como a auga, porque non se pode decidir por lei que sexa unha empresa de dereito privado, como Augas de Galiza, a que pase a xestionar un recurso básico para a vida como é a auga”.
Tamén Manoel Santos, o director de Altermundo, argumentou o nacemento desta Plataforma afirmando que “a Lei de Augas de Galiza é un atentado suficientemente grave e doloso para o medio natural e para a soberanía das persoas, especialmente no medio rural, como para que a cidadanía se mobilice”. Santos explicou que “o gran cambio que supón esta lei non é que se privatice un subministro, unha depuración ou un servizo; senón que se privatiza o elemento. Iso é o verdadeiramente grave. É dicir, se privatiza e se dan dereitos de explotación e de cobro sobre a utilización da auga da choiva ou do mar. É verdadeiramente abraiante. É un saqueo masivo dun dereito humano como a auga, que é de todos”. O director de Altermundo lembrou que en países como Francia se están a dar pasos, xustamente, no sentido contrario, coa re-municipalización do servizo de subministro de augas en máis de corenta concellos no último ano, entre os que se inclúe París. Nembargante, “no noso país se lle deixa toda a xestión de augas a unha empresa, Augas de Galiza que é pública, pero que coa nova lei se converteu ao dereito privado”, o que supón “unha aberración absoluta que vai contra os dereitos humanos, porque a auga é un dereito humano como así estableceu a ONU, e vai contra o dereito fundamental á vida das persoas e dos animais”.
Finalmente, o presidente de ORGACCMM, Xosé Alfredo Pereira, encadrou a Lei de Augas nun contexto xeral de “privatizacións continuas por parte do Goberno do Partido Popular que, dende que chegou á Xunta, está privatizando todos os servizos públicos. Se antes foron os servizos de dependencia e igualdade, agora é a auga, e mañá serán os montes veciñais e de mancomún”. Pereira afirmou que “non imos pasar por aí e imos concienciar e mobilizar á sociedade para que isto non vaia para adiante”.
Saúdos dende a Plataforma Galega contra a Lei de Augas
Se desexan máis información, poden falar coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, no 619 348 426; co director de Altermundo, Manoel Santos, no 686 021 933; e co presidente da ORGACCMM, Xosé Alfredo Pereira, no 649 137 135
Este Venres 25 de Febreiro do 2011 as 20:00h. daremos unha charla sobre Horticultura Urbana na "Casa da Torre" en Redondela.
A charla está organizada pola Asociación de Consumo Responsábel Loaira e contará coa participación de Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU.
Na charla darase unha visión xeral da Horticultura Urbana e farase unha pequena demostración de métodos sinxelos para cultivar en terrazas e balcóns.
El programador Alex Weir ha puesto a punto el sitio CD3WD en el que recoge una enorme cantidad de información útil. Creado especialmente para las poblaciones del tercer mundo
-pero que resulta interesante leer para cualquier persona curiosa-
incluye datos indispensables sobre agricultura, ganadería, tecnología,
apicultura y casi todo lo que puedas imaginar. La información puede
recorrerse en linea o descargarse en forma de 4 DVDs repletos de datos, y
-según sus creadores- podría incluso constituir un seguro en caso de
que ocurra un desastre global.
Videoreportaxe da TVG sobre o consumo responsable e a agroecoloxía a través da Cooperativa de consumo Zocamiñoca e a granxa ecolóxica Millo e Landras.
Una Granja para el Futuro from Horatiux on Vimeo.
Este magnífico documental da BBC relata a volta á granxa familiar en Devon de Rebecca Hosking, unha realizadora audiovisual e a súa preocupación por comprender e asegurar o futuro da granxa como medio de vida e como espazo de produción alimentaria no contexto previsto de desaparición dos combustibles fósiles. É excelente.
Preme enriba da imaxe para ampliar.
Vista xeral do primeiro bancal da horta de Santa Marta, en Santiago.
O longo do ano 2010 o Alcouve (grupo organizado de horticultores urbáns dunha cidade) de Santiago estivo preparando un proxecto en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, no que se presentou ao concello unha proposta para facer unha horta comunitaria no barrio de Santa Marta. Nese proxecto detallouse todo o plan de accións, o custe (0€), os diferentes membros do equipo e as súas especialidades, planos, calendario, etc. Incluso estaba acompañado de análisis do solo solicitado feitos pola universidade. O concello desestimou o proxecto calificándoo de "insuficiente" e en segunda instancia apelando a normativa municipal que permite a cesión de terreos para horticultura a persoas físicas, pero non a asociacións. Lixeiramente indignados e disgustados despois de todo o traballo realizado, o equipo levou a votación da Xunta Xeral da AGHU a posibilidade de "ocupar" un terreo público en desuso para montar unha horta, aprobándose a proposta por unanimidade.
Para arrancar a horta elixiuse un recuncho afastado dun terreo municipal que non está sendo utilizado (nin está previsto a curto plazo). Limpouse o lugar de basura, acondicionouse e xa temos montado o composteiro (na foto a esquerda en negro) o depósito de recollida de auga da choiva (depósito azul) e o primeiro bancal que xa se sementou onte con Cenoria, Espinaca, Cebola, Pirixel e Albahaca. En próximos días procederase a incorporar plantel de Acelga. Xa se están a preparar en sembra protexida (nas nosas casas) plantel de tomate, Pementos de varios tipos, leituga, etc. O equipo de traballo e dun total de 7 persoas.
Esta iniciativa non só pretende ser unha horta para autoconsumo na cidade, senón unha iniciativa de grupo, veciñal, e aberta a todo aquel que queira participar (a parcela ten miles de metros cuadrados, hay sitio para todos). Os veciños máis cercanos xa foron avisados para participar, que poidan levar os seus restos orgánicos ao composteiro, así coma traer a nenos e nenas a participar da horta.
Cartel nunha das árbores da horta que explica a iniciativa e invita a participar.
Esperamos que este proxecto sirva como exemplo do que pretendemos impulsar dende a AHGU: a participación cidadá, o cambio de mentalidade urbana, a soberanía alimentaria das urbes, e sobretodo vos anime a perder o medo a sementar vida. ¡Anímate, crea a túa propia horta!
Benqueridas compañeiras e benqueridos compañeiros,
facémosvos chegar a invitación ao próximo curso que organizamos (Arela) e no que colaboran tamén Verdegaia e A Tira. Queremos que sexa un encontro que nos leve a traballar e loitar colectivamente, nos nosos ambientes e no mundo, pola Soberanía Alimentaria sabendo que esta loita é pola dignidade e a xustiza, na que nos debemos involucrar e construír alternativas reais xunto cos grupos ecoloxistas, cos grupos de consumo, etc.
A Soberanía Alimentaria consideramos que é un tema vital que debemos coñecer e ser capaces de crear e de fomentar outra forma de facer e de ser.
Sabemos que esta fin de semana hai moitos máis encontros en Vigo pero tal e como está posto o horario é compatible coas outras actividades (asemblea de Baladre, manifestación e acto do domingo de A Ría Non se Vende, etc.), polo que non deixes de asistir e de participar connosco neste momento para o diálogo tan interesante.
O horario é o seguinte:
SÁBADO, 26 DE FEBREIRO DE 2011
Ás 10:15 h.: Acollida.
De 10:30 h. a 13:45 h.: "Introdución ao modelo insustentable corporativo de produción, distribución e comercialización” , por Begoña Carrera Ríos e Iñaki Varela Pérez (Verdegaia).
A insustentabilidade do modelo petro-alimentario de comercio actual e os seus impactos tanto sociais (recorte nos dereitos laborais e nas prestacións sociais, etc.), como medioambientais e doutro tipo, están afectando á gran maioría das persoas que habitamos a Terra, de tal xeito que se reflicte en fame, guerras, migracións, monopolio das transnacionais, etc. As políticas comerciais e de agricultura que se fomentan no estado español e no resto de Europa promoven o anterior (privatizacións, monocultivos, aumento da débeda externa, asunción de esquemas económicos alleos, fomento dos transxénicos e dos agrocombustibles, etc.).
De 16:30 h. a 19:45 h.: “Os retos da Soberanía Alimentaria”, por Xosé María García Villaverde (Verdegaia).
Complementaremos o comentado pola mañá facendo unha breve exposición das realidades que levaron a que a necesidade de loitar pola Soberanía Alimentaria se estendera a todos os recunchos do planeta (en todas as súas dimensións: relacional, identitaria, creadora, transformadora da realidade, como movemento de denuncia, etc.). O movemento campesiño e a Soberanía Alimentaria están intimamente relacionados xunto coas alternativas para a produción, a distribución, etc. que se propoñen desde o "Sur" (experiencias concretas e construtivas de economía solidaria e dignificadoras da persoa).
DOMINGO, 27 DE FEBREIRO DE 2011
De 10:00 h. a 12:45 h.: “Acción colectiva para o cambio no modelo de produción-distribución-consumo”, por Eva Gil Rodríguez (A Tira).
Coñeceremos o que se está a mover no mundo rural e na alimentación desde o "Norte" (experiencias concretas): grupos e cooperativas de consumo, hortas comunitarias, propostas contrapublicitarias, troco, bancos de tempo, empresas de economía social e solidaria, etc. Tamén poderemos vislumbrar en que se pode participar e que se pode crear, o que nos permitirá achegar estas iniciativas ás nosas vidas e así promover o cambio nos nosos patróns de consumo.
Agradecemos que difundas este curso á xente que poida estar interesada.
Moitas grazas polo teu interese,
Marta (Arela)
Imagina una mezcla de Farmville con la huerta de la yaya y te saldrá algo parecido a Le Verdure del Mio Orto.
La web italiana parte de una idea tan original como sostenible: la
posibilidad de que sus clientes tengan su propio huerto ecológico real,
pero diseñado online sin moverse de delante del ordenador. Las verduras,
elegidas por el propio usuario en función de sus gustos, son cultivadas
de forma tradicional en los terrenos de los dueños del sitio, y
despachadas a casa cuando están en su punto.
En una reunión celebrada en enero de 2008, funcionarios de comercio de
Estados Unidos y España presentaron estrategias para aumentar la
aceptación de los alimentos modificados genéticamente (OGM), incluso
aumentando el precio de los alimentos en el mercado de materias primas,
según se revela en un cable diplomático estadounidense filtrado por
Wikileaks. ( http://213.251.145.96/cable/2008/02/08MADRID98.html)*
"Cada escuela decide las especies que quiere sembrar. Generalmente optan
por la hortaliza de invierno y llevan a cabo la rotación de cultivos
para que los niños puedan aprender los beneficios que unos cultivos
aportan a otros. El Consejo Balear de la Producción Agraria Ecológica se
encarga de hacer el seguimiento y control del huerto ecológico."
En tempo pasados emigrouse das cidades ao campo, porque nelas pasábase fame. Noutros tempos do campo ao extranxeiro, en busca de mellores vidas. Ahora... do campo a cidade de novo ¿Porqué?
Neste artículo de El País, testimonios de xente do rural de toda españa explícannos o que pasa: "Se busca joven para salvar el campo"
Sen dúbida, unha das principais consecuencias do abandono do campo, e o deterioro da soberanía alimentar das cidades, que dependen do campo para comer.
De aquí a un par de décadas, traballar en pro da nosa soberanía alimentar será algo básico, e comprando nos supermercados a intermediarios explotadores, solo agrabamos o problema.
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.
|