headerphoto

Entrevista na Cadena Ser

Na mañá de hoxe día 8 de Febreiro do 2010, as 13:20 a Cadena Ser (Radio Arousa) entrevistou a Ramón Paz, en representación da AGHU.

Falouse sobre a Horticultura Urbana, sobre a AGHU e indicouse a nosa dirección web. Esperamos que pouco a pouco esta modalidade se de a coñecer en toda Galicia. Seguiremos traballando para que a base de sair nos medios e dar charlas poidamos dar a coñecer a nosa actividade e a nosa asociación a todos e todas as galegas e galegos.

O día 20 daremos unha conferencia en Ourense e próximamente outra en Santiago, na Gentalha do Pichel. Todavía estamos cerrando datas. Iremos informando.

Se che gustaría que désemos unha charla sobre horticultura urbana na túa cidade, ponte en contacto conosco a través do noso correo electrónico (info@hortaurbana.info) e tentaremos buscar as fórmulas de cooperación para leva-lo adiante.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.