headerphoto

Galicia Internacional

Xa se comentou nalgunha ocasión sobre esta bitácora, City Farmer New, referente sobre a horticultura urbana en todo o mundo, e con publicacións diarias sobre o movemento.

Temos a honra de poder decir que esta vez tocounos a nos, e este prestixioso blogue replicou a noticia da Voz de Galicia, e deixou unha ligazón a nosa web. Aquí podedes ver a entrada en City Farmer News.

A nosa asociación en Galicia, darase a coñecer non só entre os galegos, sinon tamén para todos aqueles vidos de fora que elixen galicia como lugar para vivir, os cales, cada vez son máis.

Na TVG saleu este fin de semana unha reportaxe sobre "Neoruráis" no programa de Farruco, Vivir aquí, que mostra un pouco esta tendencia da que vos falo. Podedes ver o programa pinchando nesta ligazón.

0 comentarios:

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.