headerphoto

Formación do grupo local de Ourense

Trala charla de hoxe organizada por "Amigos da Terra" nas xornadas de Agroecoloxía de Ourense, recollemos unha lista de interesados en formar o primeiro grupo local de horticultura urbana de Ourense.

Cun total de nove persoas, o grupo ten xa o tamaño suficiente e a xente adecuada para comezar a camiñar, e por iso que en breve tentaremos facer unha primeira reunión del en Ourense para presentar e organizar os seus membros.

Os primeiros obxectivos deberían ser unha planificación interna e un primeiro estudo das posibilidades que temos na cidade para emprazar, pedir ou presentar proxecto para a instalación dunha primeira horta urbana.

Todo parece indicar que podemos ter apoio e implicación por parte da administración local a hora de levar adiante o proxecto. E máis, o parecer polo que nos explicaron, o concello ten plans de arrancar iniciativas de hortas urbanas na cidade, polo que esperamos poder colaborar mutuamente a hora de organizalas e levar os proxectos adiante. De todas formas isto irase vendo pouco a pouco e falarase nas reunións do grupo de Ourense.

A todos os anotados, animámosvos a participar do noso foro para que vos poidades ir coñecendo entre vos.

1 comentarios:

oscargaliza@gmail.com dijo...

como se puede apuntar uno a este grupo??

algun telefono o mail

gracias

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.