Girls Inc of NYC on Rooftop Farm from Mary Matthews on Vimeo.
Sementar Sementarei
Desde aquí dámoslle a noraboa a Pablo, tanto pola súa horta urbana como polo seu blog.
Arquitectura Ecolóxica
Interesante documental de David Sheen, dispoñible de forma gratuita na súa web e subtitulado en castelán, que nos abre un mundo impresionante a construcción ecolóxica e sostible con materias naturáis e formas Gaudianas.
Este tipo de construcción non solo son válidas para facer casas, senón tamén para facer casetos, alpendres, refuxios e todo o que necesitemos para as nosas hortar urbanas.
Hortas do Concello de Ourense
O concello de Ourense ten proxectado construir unhas hortas urbanas no parque Agelita Paradela, no barrio dos Rosales, en Ourense.
Parece ser que o prazo de inscripción está aberto para todo aquel que esté interesado.
Parece ser que o prazo de inscripción está aberto para todo aquel que esté interesado.
Manual de plantas comestibles silvestres
Interesante manual de plantas comestibles silvestres publicado con licencia libre pola asociación Andrea:
Asociación Nacional para la Defensa, Recuperación y Estudio Terapéutico de la Especie Asnal
Charlas Horticultura Urbana en Santiago e Lugo
Fundamentos, técnicas e valores da Horticultura Urbana.
Presentación da AGHU.
Xoves 22 de Abril as 20:00 horas.
Centro Sociocultural A Trisca, Corredoira das Fraguas, 92.
Santiago de Compostela.
Lugo.
A economía do rural
Atraás deixamos o sector primario da producción de alimentos, a agricultura e a economía para vivir nun entorno cheo de servizos, pero tamén de ruido, polución e falta de espazo vital.
Nesta interesante análise vemos o punto de vista de Nicholas Georgescu-Roegen sobre a sostibilidade da economía rural. Un análise de hay 40 anos entre as diferenzas do rural Rumano e a industrialización de USA que se pode aplicar perfectamente a economía rural da que salimos coa economía capitalista na que vivimos.
"A agricultura é a única actividade que permite alimentar a máis persoas das que traballan nela."
Xornadas Enerxía, Medio ambiente e Sociedade. Vigo.
22 - 30 abril de 2010
EDIFICIO MIRALLES. Sala 1
Cidade Universitaria. Campus Universitario de Vigo
Cidade Universitaria. Campus Universitario de Vigo
Información sobre permacultura
Para todos aqueles interesados/as na permacultura, aquí tenden un verdadeiro repositorio de información sobre o tema entre a que podedes quitar moita información moi valiosa na Horticultura Urbana, directamente relacionada e influenciada polas técnicas da permacultura:
Xuntanza Xeral da AGHU. 1 de Maio do 2010.
Este primeiro de maio (sábado) faremos unha xuntanza xeral da AGHU que toca para este ano. Tentaremos de cara a anos vindeiros reservar esta data (primeiro sábado de maio) para a reunión xeral anual da AGHU.
Este non só será un encontro de traballo, senón tamén un encontro lúdico no que todos podemos participar. Quedaremos as 10:30 diante das escaleiras dos dolmens do parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. Pregamos puntualidade.

Se o tempo acompaña teremos un montón de herba na que estar sentados o soliño, e se as nubes fan acto de presencia, debaixo dos dolmens estaremos a cuberto, que e un sitio grande, resgardado e público.
Levaremos cada un algo para picar e compartir cos demáis (frío claro... empanada, tortilla, croquetas, queixo, marmelo, chourizo, o que queirades) e algo para beber (viño, auga, refrescos...). Para coordinarse o que poder traer cada un, podedes consultar no foro o fío aberto para esta cuestión. Podedes vir acompañados da familia, que Vista Alegre e un parque pechado cunha sola entrada, e moitos recunchos, e os rapaces poden estar xogando polo parque adiante.
Ver mapa más grande
Parque de Vista Alegre (Xardins Mosquera Pérez, no mapa)
Os temas a tratar na reunión, entre todos aqueles que traiades vos, serán:
Por suposto esperamos contar coa participación dos colectivos que traballan dentro ou coa nosa asociación, así como colectivos relacionados coma cooperativas de consumo, organizacións ecoloxistas, etc.
O debate estará moderado por Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU, e durará dúas horas (10:30 a 12:30). Unha vez cerrado, pasaremos a parte máis social e festiva.
Por favor, traede os deberes feitos de casa, e todos aqueles que esteades con algún tipo de iniciativa de horticultura urbana, tentade traer datos que poder expoñer de forma verbal sobre a situación actual da iniciativa e perspectivas de futuro.
Esperemos que esta sexa a primeira de unha longa tradición de reunións hortícolas o primeiro sábado de maio de cada ano.
Ver mapa más grande
Parque de Vista Alegre (Xardins Mosquera Pérez, no mapa)
Os temas a tratar na reunión, entre todos aqueles que traiades vos, serán:
- Modificación e aprobación dos estatutos da asociación para a súa presentación na Xunta.
- Acordar lugar e datas para o cursiño de formadores.
- Definir o marco actual dos grupos locales (Alcouves) da asociación.
- Facer unha tormenta de ideas xeral sobre pasos a dar a un ano vista.
Por suposto esperamos contar coa participación dos colectivos que traballan dentro ou coa nosa asociación, así como colectivos relacionados coma cooperativas de consumo, organizacións ecoloxistas, etc.
O debate estará moderado por Ramón Paz, coordinador de comunicación da AGHU, e durará dúas horas (10:30 a 12:30). Unha vez cerrado, pasaremos a parte máis social e festiva.
Por favor, traede os deberes feitos de casa, e todos aqueles que esteades con algún tipo de iniciativa de horticultura urbana, tentade traer datos que poder expoñer de forma verbal sobre a situación actual da iniciativa e perspectivas de futuro.
Esperemos que esta sexa a primeira de unha longa tradición de reunións hortícolas o primeiro sábado de maio de cada ano.
Conferencia Horticultura Urbana en Vigo
Venres 9 de abril do 2010 as 20:00h.
Escola Popular Galega, Rúa Real, Nº12, Vigo.
Organizan: AGHU e Verdegaia.
O mundo faise urbano
Deixando de lado as cifras máis pequenas do estudo, impresionoume unha: Para o 2050 o 69% da poboación mundial vivirá en cidades.
O crecemento urbano e un feito, e ademáis, unha tendencia. E esa tendencia seguirá a alza por varios factores.
- A imposibilidade dunha vida digna con unha economía de subsistencia dentro dun marco capitalista.
- A falta de oportunidades e servizos nos entornos ruráis, afastados da evolución social e cultura na grande parte dos casos.
- O cénit da enerxía fósil, que fará a tender a minizar os desprazamentos, o encarecemento dos combustibles obrigaranos a minimizar o seu gasto, a vivir máis xuntos.
- A cada vez máis imposible labor de vivir do campo a causa da economía capitalista neoliberal e os monopolios das grandes empresas internacionais sobre o mercado da distribución. Obrigados a vender os seus productos por debaixo do prezo de producción, a xente do campo vese obigrada a deixar as terras e buscar novas oportunidades e outros traballos nas cidades.
- Condicionamento social. Vivir na cidade fainos sentir que estamos máis preto de todo. Cando a realización personal se busca a través do consumo, e xente busca estar preto dos bens de consumo como forma de buscar esa falsa felicidade.
- O acceso a estudos e aprendizaxe (universidades, colexios especializados) que sólo se topan nas cidades, lugares donde na maior parte dos casos eses estudantes se quedan a vivir.
- Canta máis xente vive nas cidades, máis xente nace e se queda a vivir nas cidades.
A horticultura urbana preséntasenos como ferramenta indispensable para traballar en pro desta soberanía alimentaria, e conseguir así aumentar en parte este índice de soberanía alimentaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)