ir a principal |
Ir a lateral
Os gandeiros dunha explotación de Touro ofrecen directamente o seu produto aos consumidores a través dunha máquina expendedora de leite colocada en Compostela.
Dende esta semana, a máquina xa está operativa na Praza de Abastos de Compostela, se ben os gandeiros xa deixan aberta a porta á colocación de máis máquinas deste tipo noutros mercados. En concreto, segundo nos explica Ramón Barreiro, da Gandería A Portela, xa está proxectada a marcha doutras sete máquinas expendedoras máis. A iniciativa xerou xa moito interese e os promotores están a atender as peticións de gandeiros doutras cidades. De feito, apunta Barreiro, mesmo están pensando en “crear unha asociación de produtores que apostan por vender o leite directamente, para afrontar conxuntamente as dificultades que aparecen e mesmo as agresións da industria”.
A Rede Galaga de Permacultura organiza unhas xornadas sobre sementes. As persoas interesadas en participar pedédesvos anotar a través do correo electrónico (ninhocabra@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 699117128.
8 e 9 de xulio. Redondela e Fornelos
Xoves 8 de xulio
19:00 Multiusos de Redondela. Mesa redonda "Necesidade da creación dunha rede galega de sementes"
Venres 9 de xulio
10:00 Multiusos de Redondela. Xornadas prácticas sobre sementes
17:00 Visita ás fincas de Su e Edgar en Ventín (Fornelos).

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou a terceira Feira do Sol que se celebra o sábado 19 no paseo central da Alameda de Santiago desde as 11:30 ata as 20:00 horas. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán, que organizan as concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.
A Feira ten o sol como motivo principal e a educación e a sustentabilidade como obxectivo. En palabras da concelleira, "é unha mostra lúdica e demostrativa das potencialidades do sol para usos cotiás". Así, o furgón da asociación cultural e medioambiental Os Picos do Sol levará para isto catro placas solares e un mini-eólico que produciran a electricidade precisa para o equipo de son, a bomba de auga e un ordenador. É unha festa, activa e participativa que está dirixida a todos os públicos na que os máis pequenos e os adultos atoparán elementos de interese e diversión ademais de ter ocasión, en palabras de Cienfuegos, "para a experimentación, a información e a formación".
Incredible Edible e un proxecto da pequena comunidade de Todmorden, no norte de Inglaterra, que pretende transmitir un novo concepto de vida os seus habitantes: podese aumentar a cantidade de alimentos locales que se cultivan e se consumen na comunidade. E máis, mediante o cultivo de todo espacio verde dispoñible, a comunidade pode asegurarse a súa soberanía alimentar, fomentar a economía local e divertirse ao mesmo tempo.
A AGHU expoñerá un breve presentación titulada "Horticultura urbana en Galicia, orixes, valores e situación actual." no III Congreso de Agroecoloxía da Universidade de vigo o Xoves 24 as 12:30 no salón de actos. A presentación estará a cargo de Fátima Silva, coordinadora xeral da AGHU.
Do 24 o 26 de Xuño do 2010
A necesidade de transformar o mundo rural, afastándoo das tendencias do abandono, é un obxectivo social de primeira orde. Conseguilo é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. No ámbito do III Congreso queremos discutir sobre o papel asignado á agricultura ecolóxica nese proceso. Producir alimentos e fibras para os mercados locais mediante sistemas produtivos que aproveiten os recursos locais (ambientais, humanos, culturais, económicos) convértese no elemento crítico do proceso de construción social dun novo mundo rural. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo os problemas e propondo alternativas, co obxectivo de tecermos novas redes que permitan avanzar no camiño da soberanía alimentaria.
O vindeiro xoves día 17 de xuño ás 20:00 horas, no local social de PANXEA (Rúa A Rosa, nº 36 baixo, Compostela) teremos unha charla coloquio con Carlos Osejo e Guadalupe del Carmen, membros de organizacións de produtores e comercializadores de café en Nicaragua que colaboran con Espanica, organización de comercio xusto coa que PANXEA colabora dende hai anos. Será unha boa oportunidade de coñecer de primeira man tanto a realidade nicaragüense coma a experiencia de grupos de produtores e produtoras que traballan dende unha perspectiva de comercio xusto que engloba tanto a produción e comerclización do seu café como na loita por unha transformación social na súa realidade. Estades todos e todas convidados (e haberá café, de Espanica, por suposto).
Casa Alongos, socios da AGHU, organizan unha cata de viños ecolóxicos o vindeiro Domingo 27 de Xuño:
Josep Pàmies é un labrego catalá (Balaguer, Lleida) que hai 15 anos abandonou os métodos modernos de cultivo con uso abundante de químicos e pesticidas, para pasar ao cultivo ecolóxico, resultando nunha radical mellora da súa propia saúde e a das súas terras. Desde entón, Josep converteuse nun firme defensor do cultivo ecolóxico e investigou e promove o uso das plantas con propiedades medicinais, sobre todo da estevia ou o absintio. Josep tamén critica ferozmente a industria farmacéutica e as empresas que promoven o uso de transxénicos, como Monsanto, por velar máis pola obtención de beneficios económicos -mediante o uso de patentes e a cronificación da enfermidade- que a procura de solucións reais e éticas.
As ONG ambientais, Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF sinalaron a conservación da biodiversidade como tema prioritario para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A correcta xestión da auga, os mares, os bosques, a agricultura e a loita contra a extinción de especies centran as mensaxes das organizacións.
WindowFarms e unha organización sen ánimo de lucro con sede en Nova York que pretende acercar o cultivo de alimentos frescos aos habitantes das cidades a través de hortas verticáis hidropónicas nas fiestras das vivendas.
A proposta de WindowFarm Project e sinxela: o usuario interesado pode descargarse de forma fratuita na páxina web windowfarms.org as instrucción sobre cómo construir a súa propia horta hidropónica na fiestra do seu fogar. Todo o que necesita e unha serie de materiais de refugallo, baratos e sinxelos de atopar (botellas de plástico, etc.). Seguindo as instruccións, o interesado pode crear o seu propio xardín vertical no que cultivar alimentos frescos durante todas as estacións do ano.
Se algún de vos se anima a probar este tipo de cultivo, desde a AGHU agradeceríamos que nos mandases fotos e un breve resumo da experiencia para que poida servir de exemplo e guía.
Varios colectivos e entidades promoven un mercado semanal de produtos ecolóxicos e locais. Proxecto ideado por Andaime e coorganizado coa cooperativa Eirado, conta coa colaboración de diferentes colectivos de produtores/as, como Lentura e A Hortiña da Ponte, e recibe o apoio da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel.
"Entre lusco e fusco" e o nome desta iniciativa que terá lugar todos os martes de 19 a 22 horas nas plataformas das casas abandonadas do parque de Belvís (mapa), sendo o primeiro mercado o dia 22 de xuño. Cada tres meses o mercado convertirase nunha festa con actividades, música etc. co obxectivo de promover os produtos de temporada, é dicir, os específicos de cada estación.
A idea naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que teñen horario de oficina, que estudan polas mañás ou que simplemente non poden acudir aos mercados locais composteláns nos seus horarios de negocio. O que se pretende é ofrecer un espazo onde poder mercar alimentos básicos, como produtos de horta, legumes e froitas, que sexan locais e de calidade a aquelas persoas que por diversas causas se vexan abocados aos supermercados ou ás grandes superficies. A potenciación da economía local desde o punto de vista do consumo é outro dos eixos fundamentais deste proxecto. De forma paralela, integraranse no mercado actividades de divulgación do consumo responsable (obradoiros, charlas etc.) e mesmo se realizarán mercados de troco e outras iniciativas semellantes que axuden a dinamizar e concienciar a un tempo.
Podemos afirmar que este é un dos primeiros proxectos desenvolvidos entre consumidores/as e produtores/as onde se teñen en conta as necesidades e desexos de cada un dos colectivos implicados. O contacto directo entre produtor/a e consumidor/a, o estabelecemento de relacións onde a confianza mútua é importante, a ausencia de intermediarios que encarezan os produtos ou a recuperación da tradición dos mercados populares son só algúns dos atractivos que nos animaron á hora de lanzar esta iniciativa, pioneira en Santiago.
A árbore do Neem ou Nim (Azadirachta indica) e orixinario da India e de Birmania, pero xa foi introducido para o cultivo en outros países de Asia, África, América e Australia. E agora cando comezamos a traelo a Europa, dado que se necesita un clima axeitado e coidados especiais.
As propiedades curativas e mediciñais do Neem xa foron aproveitadas fai moitos anos na mediciña Hindú. Todavía na actualidade os hindúes que habitan en zonas ruráis se refiren o Neem como "A farmacia do pobo" ou "O árbore da vida" pola súa capacidade de aliviar moitas enfermidades.
Os científicos modernos toparon máis usos probados para esta árbore. A semente, a corteza, as follas, teñen compostos con usos antisépticos, antivirales, antiinflamatorios, antiúlceras e antihongos. O neem e un excelente auxiliar no tratamento e prevención de diferentes padecementos como a soriasis, diabetes, cancro, herpes, transtornos dentais, enfermidades da pel, alerxias, úlceras, hepatitis, fungos, etc.
Na agricultura úsase o extrato de Neem fumigado sobre as plantas para combatir as plagas de insectos, ácaros, fungos e outras bicherías. Insectos máis grandes como a xoaniña ou as abellas non se ven afectados. O Neem ten na súa composición unha molécula moi similar a unha hormona usada por estes insectos que e asimilada polos seus corpos e prodúcelle serios transtornos de alimentación e reproducción, véndose a súa efectividade o cabo duns días cando empezan a morrer sen poder reproducirse. A propia árbore espanta esta clase de plagas e o bagazo do fruto úsase como un excelente abono para a terra.
Na AGHU creemos na horticultura ecolóxica, e o estracto de Neem está certificado para este tipo de cultivo, mais no mercado faise un pouco caro poder adquirilo, xa que ven de importación. Por eso apostamos por intentar cultivar as nosas propias árbores de Neem, as cales tentaremos adaptar o noso clima e en todo caso cultivar en invernadoiros protexidos. Xa vos iremos informando dos avances.
Algúns de nos xa nos fixemos con uns cantos centos de sementes que vamos a empezar a sementar. No momento en que estas árbores empecen a brotar iremos avisando para que todos aqueles interesados en ter unha na súa casa poidan chegar a tela.
Tentaremos facer tamén obradoiros e cursiños sobre o Neem, cómo utilizalo, cómo facer extracto de Neem na casa, etc. Xa vos iremos informando.
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.
|