O terreo está as aforas de Milladoiro, en Coira, preto do polígono Novo Milladoiro. E un sitio tranquilo, afastado e ten todo o necesario para cultivar. Composteiro, ferramentas, toma de auga de manantial, zona onde gardar as cousas, etc.
A organización será en bancales individuales, xa comezaron a facer os primeiros, pero non descartan poder ter cultivos comúns para cousas que necesitan máis terreo, como millo, patacas, etc.
Si estás interesado/a en participar e ter a túa parceliña, mándanos un correo a info@hortaurbana.info
6 comentarios:
Que boa nova! Grazas. Haberá que ila ver!
Parabéns para a AGHU, se cadra podedes animar aos vellos da aldea que ainda saberán do que hai para sementar e como vai o solo dese lugar.
Felicitacións e saudos para tod@s.
Agora xa hai outra parcela! Isto marcha!
como se chega dende santiago a coira?¿
Pódese coller o "Autobús de Calo" Santiago - Milladoiro. E logo dende o Milladoiro dirixirse ao Parque Empresarial NovoMilladoiro. Detrás do Parque está a aldea de Coira.... Saúdos
https://maps.google.es/?ll=42.853474,-8.589034&spn=0.012301,0.01929&t=h&z=16
Onte pola tarde primeira xornada de traballo na horta... Pola noite durmín como un anxiño...jajjaja..
Hoxe pola tarde seguirei
Publicar un comentario