headerphoto

Horta de Coira

Vota a andar a "Horta de Coira", un grupo de cultivo da AGHU no Milladoiro. David, socio da AGHU, pon a disposición de todo o que queira unha parcela de 700m2 propiedade da súa familia, para poder cultivar nela.

O terreo está as aforas de Milladoiro, en Coira, preto do polígono Novo Milladoiro. E un sitio tranquilo, afastado e ten todo o necesario para cultivar. Composteiro, ferramentas, toma de auga de manantial, zona onde gardar as cousas, etc.

A organización será en bancales individuales, xa comezaron a facer os primeiros, pero non descartan poder ter cultivos comúns para cousas que necesitan máis terreo, como millo, patacas, etc.

Si estás interesado/a en participar e ter a túa parceliña, mándanos un correo a info@hortaurbana.info

6 comentarios:

Casdeiro dijo...

Que boa nova! Grazas. Haberá que ila ver!

Antonio Galiza dijo...

Parabéns para a AGHU, se cadra podedes animar aos vellos da aldea que ainda saberán do que hai para sementar e como vai o solo dese lugar.
Felicitacións e saudos para tod@s.

Anónimo dijo...

Agora xa hai outra parcela! Isto marcha!

2008 dijo...

como se chega dende santiago a coira?¿

Anónimo dijo...

Pódese coller o "Autobús de Calo" Santiago - Milladoiro. E logo dende o Milladoiro dirixirse ao Parque Empresarial NovoMilladoiro. Detrás do Parque está a aldea de Coira.... Saúdos
https://maps.google.es/?ll=42.853474,-8.589034&spn=0.012301,0.01929&t=h&z=16

Anónimo dijo...

Onte pola tarde primeira xornada de traballo na horta... Pola noite durmín como un anxiño...jajjaja..
Hoxe pola tarde seguirei

Publicar un comentario

(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.