headerphoto

Peligro, Transxénicos!


Redactei un pequeno artículo sobre os transxénicos o meu blogue personal, tras a muy agradable y clarificadora charla que onte, María Ogando (Activista de Verdegaia, da Plataforma Galega Antitranxénicos e socia da AGHU) e unha representante do Sindicato Labrego deron en Santiago. A verdade e que me deixou bastante claro o asunto, e a peligrosidade, non só para a saúde, senon tamén a peligrosidade económica e social que supón para a sociedade.

Aquí vos deixo a ligazón o artículo. Si, si, xa sei que está en Castelán, pero e que he de tirada internacional. Espero que vos sirva de axuda:

http://ramonpaz.blogspot.com/2010/01/peligro-transgenicos.html

Como dixemos na charla, e moi importante non só informarse sobre o tema, senón tamén informar de forma activa a xente que está o noso arredor.

Tamén vos deixo unha ligazón directa a guía verde e vermella de productos tranxénicos de greenpeace:

http://www.greenpeace.org/espana/reports/gu-a-roja-y-verde

Dende aquí gustaríame mandarlle as miñas felicitación a María Ogando polo esforzo persoal tan grande que fai en favor do beneficio de todos. Unha labor dura que ha de ser recoñecida.

Charla Antitransxénicos Xoves 28 Xaneiro 2010

Coa colaboración de María Ogando, activista de Verdegaia e integrante da AGHU. Terá lugar na Gentalha do Pichel (Santiago de compostela) o Xoves 28 as 20:30. Ollo ca hora, que no cartel aparece mal (21:00).

Curso de incorporación a agricultura

Iniciativa do Sindicato Labrego:

Dende os locais comarcais do Sindicato Labrego Galego de Compostela e de A Estrada organizan para o 2010 un Curso de Incorporación á Agricultura (os chamados CURSOS DE APTITUDE EMPRESARIAL AGRARIA).

Este curso está concebido como parte dunha labor sindical dirixida a incentivar e apoiar á xente moza para que se incorpore á agricultura, coa esperanza de contribuír a manter e a reconstruír un rural vivo.

Estamos na Galiza máis atlántica, con núcleos de poboación fortes; a agricultura como suministro de alimentos á poboación pode ser unha opción de emprego. Desde o SLG pretenden dar un apoio a todas aquelas persoas que pensen en ter unha capacitación mínima para instalarse como cultivadores/as de alimentos: porque lles traspasan unha explotación, porque teñen terra no rural (de familiares ou coñecid@s), porque lles gustaría volver ao campo como forma de vida, porque dentro da crise actual ven unha posibilidade de emprego…

Na impartición imos reforzar a defensa do modelo agrario que perseguimos: explotacións autónomas (non hipotecadas) e que desenvolvan unha agricultura sostible. Nesta liña, darémoslle a este curso unha orientación á horticultura, na procura tamén dunha revalorización do produto para conseguir que se remunere o traballo.

Este tipo de cursos son obrigatorios para incorporarse profesionalmente a unha explotación agraria. Trátase dun curso homologado pola Consellería do Medio Rural. Contará con 250 horas, nas cales o apartado práctico terá un peso importante. Desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño no Concello de Teo.

Máis información:

Local Comarcal de Compostela: 981588532

Local Comarcal de A Estrada: 981573232

Bancos sin cartos




Interesante artículo no diario "El País", que fala entre outras cousas da iniciativa que está rexurdindo de intercambio de horas de traballo.

Esta iniciativa, está incluída no plantexamento de funcionamento da nosa organización a través do sistema de BonosHora, e na aportación da cuota social anual de horas de traballo de cada socio.

Vemos pouco a pouco como unha sociedade é posible que non esté sustentada no sistema de boráxine capitalista de crecemento perpetuo. Outra realidade e posible mudando o noso concepto de felicidade.

Enlaces:

"Bancos sin dinero" (El País)

"Paradigma" (Con dos dedos de frente)

"Bonos Hora" (Na nosa web)

Feira do producto caseiro e ecolóxico en Compostela

Este sábado 23 de Xaneiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha feira de productos caseiros e ecolóxicos na alameda de Santiago de Compostela. De 10:30 a 14:00 poderanse mercar todo tipo de productos da granxa e da horta de labregos galegos que seguen producindo os seus productos de xeito artesanal e ecolóxico.

Entre os postos, o noso socio, Victor Voga, da granxa Millo e Landras terá un posto con queixo artesán, ovos da casa e outras cousiñas que farán as nosas delicias, de seguro.


.

Xornada de horticultura urbana en Ourense

Coa colaboración e invitación especial de "Amigos da Terra", celebraremos unha pequena xornada mañaneira de horticultura urbana, cunha pequena exposición e un obradoiro práctico. Estos son os datos da mesma:

Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.

Poñente: Ramón Paz.

Un breve repaso a horticultura urbana, os seu orixes, as técnicas actuáis, e un repaso filosófico o movemento de horticultura urbana no mundo. Presentación da recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro. Pequeno obradoiro práctico de sementación e cultivo en entornos urbanos.

Sábado 20 de Febreiro do 2010 as 11:30
Aula de Natureza do Miño, Paseo fluvial de Oira, Ourense.

O consumo consciente

O consumo consciente consiste en interesarse polas repercusións dos nosos actos de consumo: o que mercamos, onde e como foi producido, como chegou a nós e onde o mercamos. Trátase de coñecer se os nosos hábitos de consumo son en maior ou menor grao ambiental e socialmente sustentables. A dificultade de consumir produtos de consumo consciente está en que o feito de consumir bens e servizos, nunha sociedade orientada a tal feito como motor económico, fai que sexa en si un acto case automático e irracional. Á hora de escoller un produto ou un servizo seguimos patróns estándar como o prezo, a suposta calidade, a accesibilidade, a marca ou a moda de quenda. Unha rutina tan instaurada e tan cultural fai que o consumo consciente requira un esforzo bastante importante, é dicir, seguir patróns “contra-culturais”. Se lle dedicamos un pouco da nosa enerxía e tempo á nosa forma de consumir, podemos aprender a facelo de forma máis consciente. Ten moitas vantaxes…

+ INFO: www.arbore.org
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.