headerphoto

Feira e xantar pola soberanía alimentar da ISAP




A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toural. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

O Xantar será oferecido ás 14:30 pola asociación de labreg@s Lentura no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) cun prezo aproximado por persoa de 12 €. Para o xantar cumpre apontarse no enderezo-e info(a)soberaniaalimentar.info até 6 de Abril indicando se se prefer menu vexetariano ou se se padece algunha intolerancia alimentar.

Xornada Antitransxénicos Ames


A fame nas urbes


Tentando resumir un par de noticias lidas en Periodismo Humano directamente relacionadas coa alimentación e a seguridade alimentaria, cheguei a conclusión de que tódo o que aparece nelas merece ser lido, así que aquí tenden as ligazóns a estas noticias:

Refugiados urbanos, la huida invisible

Gastronomía, tradición pero, sobre todo, supervivencia

O concepto global que quito destas noticias, e se cabe, máis forzas en determinación para seguir adiante traballando pola horticultura urbana como coñecemento e dereito esencial para unha soberanía alimentaria das urbes.

Dato importante: máis do 50% da poboación mundial vive nas urbes. Destos, a metade viven en suburbios con dificil acceso os servizos básicos, incluído o alimento. A falta de acceso a terra e a falta de coñecemento son os principáis factores que fan que non se produzca para o autoconsumo.

Traballar polo dereito da soberanía alimentar, o dereito de acceso a terra, o dereito de acceso a auga, o dereito de acceso a semente e o dereito de poder elexir o alimento que vamos a tomar, é a nosa responsabilidade.

Manual de conservación de sementes


Escrito e editado pola Rede Europea para a Conservación de Sementes Silvestres (ENSCONET), aquí tendes este interesante en completo manual en PDF con todo o que temos que saber a hora de conservar as nosas sementes:

Granxeiros sustentables



Como sabedes, dado o actual mercado neoliberalista e as grandes cadeas de intermediarios, hoxe en día, producir alimentos en Galicia, e vivir delo, e toda unha odisea. Máis todavía si os fas de forma ecolóxica, que da máis traballo e a producción e máis pequena (calidade frente a cantidade).


Para que o producto ecolóxico de calidade (carnes e hortalizas) poida chegar o consumidor a un prezo razoable e o granxeiro poida seguir vivindo deso, pois entre outras cousas hay que recortar intermediarios. Desta forma tamén hay un contacto máis directo entre productor e consumidor, creando un vínculo de confianza e complicidade.


Neste tipo de iniciativa móveme Millo e Landras, unha granxa ecolóxica sita en Vilasantar, a mans de activistas convencidos (Marta e Victor) dun modelo de vida e producción sustentable e natural. Venden no mercadiño ecolóxico de A Coruña e na súa propia granxa. Podes pasar por alí a facer a compra, e incluso elexir o especimen a pe de granxa. Ademáis cabe dicir, que inda que viven no rural, son socios da AGHU e siguen os nosos proxectos con interese.


Nestes intres estrean blog, no que pouco a pouco irán avisando das novas, productos, etc. Podes localizalos en http://milloelandras.blogspot.com/ ou no seu correo electrónico milloelandras@gmail.com E unha oportunidade inmellorable para todos aqueles que somos urbanitas para visitar a granxa cos pequenos e ter un fin de semana en contacto coa vida.

Estevia, doce revolución


A Estevia e un pranta que produce edulcorantes naturáis, ademáis de ser unha pranta con numerosos valores curativos.

Orixinaria de Paraway, e usada polos indíxegas durante séculos, foi descuberta e traída para o vello continente fai menos de dos séculos.

En Europa a Estevia está prohibida por ley porque vai en contra dos intereses económicos de lobbies internacionáis da industria química que fabrican edulcorantes artificiais (como o aspartamato de Monsanto), todo un negocio de futuro nunha sociedade donde a causa da mala alimentación os diabético multiplícanse cada ano. En outros países de todo o mundo esta pranta e legal e recomendada polos servizos de saúde.

Estas empresas ademáis están modificando esta pranta para producir Estevia transxénica que sólo producirá edulcorante, e non o resto de sustancias curativas das que dispón, e así poder contaminar por polinización a Estevia por todo o mundo, ademáis de monopolizar o seu cultivo. Empresas como Coca-cola xa teñen patentados derivados da Estevia para o uso nos seus preparados.

E de fácil coidado e todos a podemos ter na nosa casa, en testos, en xardineiras ou na leira. Dende as organización ecoloxistas, de horticultura, slow food e centenares de colectivos estamos chamando a xente a desobediencia ciudadana para que entre todos poidamos cultivar, salvar e compartir a Estevia de forma solidaria.

Para conseguir a Estevia, métodos de cultivo e consumo, ou máis información sobre ela, basta con visitar Doce Revolución, unha asociación que está liderando esta loita en España.

Imaxinación frente a adversidade

Moito temos falado en charlas e conversas sobre técnicas de cultivo, en testos, en mesas de cultivo, etc. Pero.... ¿E o cultivo en sacos?

Certamente os que levamos máis tempo non habíamos coñecido (nin ideado) esta técnica, pero coma sempre, mulleres africanas que a falta de recursos son todo un exemplo de supervivencia, foron capaces de idear unha forma de cultivar na cidade, no seu caso en Nairobi, capital de Kenia, sen terra e sen recursos.

Nas seguintes fotos podemos ver como plantan o plantel dalgún tipo de verdura (ou eso parece) en buracos feitos a sacos. Tendo sitio para poñer o saco e que as prantas poidan crecer o redor, parece unha técnica que pode rentar moito.



Se algún galego ou galega se anima a levar a experiencia adiante, agradeceríamos que nos enviase algunha foto a asociación. ¿Pódese facer máis con menos? Sempre o decirmos... imaxina e experimenta.

Cursiño para formadores

 


A AGHU en colavoración con Verdegaia, abrirá de cara un futuro unha liña de formación en horticultura urbana en toda Galiza, pero para iso necesitamos formadores en cada unha das principáis cidades.

Se estás interesado en ampliar coñecementos, e podelos transmitir, mándanos un correo a info@hortaurbana.info para anotarte como interesado. Faremos uns cursiños de formación intensiva e tutelada para formadores en horticultura urbana, que terá un proxecto práctico e tutelado a distancia dunha horta urbana no voso balcón ou terraza.

Tendes ata o 30 de Abril para anotarvos. O día 1 de Mayo teremos unha xuntanza xeral da AGHU na que que aproveitaremos para marcar o lugar e as datas dos cursiños dependendo do número de persoas anotadas.

O curso e de balde, así como o serán os cursiños que se realicen en cada unha das cidades dentro do futuro programa de formación.

Mulleres ruráis, o maior motor de desenvolvemento


Dos 6.000 millóns de persoas que habitamos o planeta, 1.600 son mulleres ruráis, e dicir, máis dun cuarto da poboación total do mundo. As mulleres producen un promedio de máis da metade da comida que se consume: un 80% en África, un 60% en Asia, e entre un 30 e 40% en Latinoamérica e os países de Occidente. Inda que, sólo poseen o 2% da terra e reciben sólo o 1% de todo o crédito agrícola. O 5% das explotacións agrícolas están en mans de mulleres e desde 1970 hasta hoxe dobrouse o número de mulleres ruráis vivindo en situación de pobreza. Sen embargo, as mulleres son motor do desenvolvemento en África, Asia e América Latina.

Xornada pola Soberanía Alimentar


Lugo, 27 de Marzo de 2010

"Soberanía alimentar na rúa" : De 10 a 13 h. na praza maior. Exposición itinerante, performances interactivas..

Actividades para nenos: Mural de 11:30 a 13 h. na praza maior e obradoiro "Alimentos do mundo" de 17 a 19 h. nos locais da Nova.

"Obradoiro de alimentos": As 13:15 h. nos locais da Nova. Consumo responsable desde o coñecemento do que comemos. Comida compartida.

"El Mundo segun Monsanto": videoforum as 17 h. na Cova da Terra

Organiza - Arela ( arela@microutopias.org )

XII Encontro de degustación do Millo Corvo


Os vindeiros días 26, 27 e 28 de marzo celebrarase en Meiro (Bueu) o XII Encontro Degustación do Millo Corvo (Festa de Interese Turístico de Galiza). A continuación enviamos aprogramación completa das 3 xornadas:

· VENRES 26 DE MARZO: MUIÑADA

Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional: Os Cochenos, pandereteiras, etc.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada.


· SÁBADO 27 DE MARZO

19:00 à ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
19:30 à Obradoiro: Fabricación artesanal de biodiésel. Impartido por Oscar Monteagudo Escariz.
20:00 à Festival “A PAN DE MILLO”
Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional:
Grupo de Baile Retrouso
Grupo de pandereteiras Retrouso
Grupo de Baile Trompos os Pés
Actuación da Charanga Lembranzas da Ría.


· DOMINGO 28 DE MARZO

XII ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO

o 11:00 à Roteiro de senderismo aos muíños. Guiado por Manuel Aldao (Premio Deputación de investigación por “Os muíños de auga na Península do Morrazo”).
o 11:00 à Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 à Presentación da revista A Lingua do Corvo.
o 12:30 à Lectura do pregón: Marica Campo (escritora)
o 12:45 à Actuación do grupo de pandereteiras Bouba

o 16:30à Obradoiro infantil de bailes-xogos tradicionais a cargo de Luis Prego.
o 17:00 à Charla - coloquio: "Revitalizando o noso: o galego e o millo corvo". Moderador: Henrique Harguindey. Ponentes:
· Ana Ameal Guerra (Licenciada en Filoloxía Inglesa e investigadora en Sociolingüística e Bilingüismo)
· Luis Carlos Cachafeiro Chamosa (Licenciado en Ciencias, sección de Matemáticas, e doutor en Informática)
· Manuel Bragado Rodríguez (Licenciado en Ciencias da Educación e director xeral de Edicións Xerais de Galicia)
o 20:00 à Actuación de Iván Costa.
o 21:00 à Actuación do grupo Tanto Nos Ten (TNT).

o DURANTE TODO O DÍA:

ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea.
Degustación de alimentos elaborados co millo corvo.
Talleres e obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
· Obradoiro de reciclaxe de periódicos e revistas usados.
· Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico.
· Obradoiro de abanos de carballo.
· Zoqueiro.
Actuación do Cuarteto tradicional Os Cochenos.
Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
Proxección memorando de actividades.
Exposición etnográfica.

Aproveitamos a ocasión para convidar a tod@s a participar nas actividades organizadas arredor da recuperación do Millo Corvo.

Alcouve, ideas que medran.



¿Qué e Alcouve?

Alcouve e o nome que reciben os grupos loscáis de horticultura urbana da AGHU. Así temos ou teremos un Alcouve en cada unhas das principáis cidades de Galiza.

¿Por que a palabra Alcouve?

Por que un alcouve e o lugar donde se vota a semente para que xermine, un lugar coidado e resgardado, que se rega sempre que lle fai falla, e sobre todo, de donde brotan os inicios das prantas que conformarán o noso alimento do día a día.

¿Qué se fai nun Alcouve?

Pois ante todo reunirse. Un Alcouve reúnese en caferetías e lugares públicos, acesibles a todo o mundo e dentro do entorno da cidade. Un lugar donde poder compartir mesa e un cafeciño, ideas e conversas.

Non sólo se fala de horticultura nun Alcouve, fálase tamén de todo un pouco, da vida, de filosofía, sociedade, política, economía, da familia... pero sobre todo, de cómo arreglar o mundo pensando en global, pero actuando en local.

¿Cando e dónde?

Pois normalmente os días marcanse por consenso ou por chamamento do coordinador do Alcouve en caso de habelo. Os días, datas e lugares de reunión serán marcados no Foro da web da AGHU, na sección destinada a cada cidade.

¿Podo participar?

Todo o mundo pode participar. Sexas ou non da asociación, os debates están abertos a todos. Respetando as normas sociais, morais e éticas de convivencia de debate, o turno de palabra e dereito a todos opinar de forma igual ou distinta.

¿Cómo saber quen sodes?

Cando chegues o local de reunión a hora acordada, busca a mesa que teña o carteliño de Alcouve como o que aparece na foto de arriba, colle unha cadeira e séntate a mesa, estarás entre amigos/as.

Podes descargarte o cartel de Alcouve para poñer na mesa da túa reunión premendo aquí. Imprimeo e dóbrao para poñer nun sitio visible.

Conferencia Horticultura Urbana en Vilagarcía



Seguindo o ciclo de conferencias de horticultura urbana da asociación en cada unhas das principales cidades de Galiza, o Venres 26 de Marzo tócalle o turno a Vilagarcía, que gracias a organización das nosas socias na cidade, poderemos dar a conferencia no auditorio de Vilagarcía as 20:00.

Podedes descargar o cartaz do evento premendo nesta ligazón. Esperamos, como he habitual, recoller unha lista con aqueles interesados/as en formar un grupo local de horticultura urbana na cidade.

Mercadiño de troco de sementes (Lugo)


O Banco de Tempo de Lugo e o Centro Social Vagalume, farán un mercadiño de troco de sementes aberto o público o:

Martes 23 de Marzo do 2010
Centro Social Vagalume, 18:00h.
Rúa Nóreas, 5, Lugo.

Manifestación contra a destrucción do territorio



Plataforma Galega Antitransxénicos


A Plataforma Galega Antritransxénicos da a benvida a toda a Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Como saberedes, a PGA formouse co obxectivo último de que Galiza sexa declarada Zona Libre de Transxénicos, con todas as súas consecuencias. Para conseguilo, a axuda de todas as persoas e organizacións que se sumen a este proxecto é esencial, por iso queremos agradecervos por adiantado a vosa colaboración.

Para que o traballo sexa o máis eficaz posible, dámosvos unha explicación das listaxes existentes e do seu funcionamento:

A listaxe de coordenacion@galizasentranxenicos.org está pensada para xente que esencialmente quere recibir información, mais que non pode dedicar moito tempo a traballar dentro da Plataforma. Por iso é recomendable que a esta listaxe se envíe soamente información do tipo artigos, convocatorias, etc., sempre intentando non enviar correos moi pesados para non saturarlle os correos á xente. Nesta listaxe están todos os colectivos e persoas que desexan recibir información, polo tanto ao enviar algo a este enderezo, recibirá información todo o mundo, incluídas as persoas que se apuntan na listaxe que se explica a continuación.

A listaxe de traballo@galizasentransxenicos.org está pensada para o grupo de persoas que deciden dedicarlle máis tempo a este tema e para tratar os temas de organización e internos da Plataforma. Nesta listaxe están apuntadas soamente aquelas persoas que queren, porque van desenvolver un traballo máis intenso dentro da Plataforma. Aquí en principio non hai problemas de volume dos correos (pódense enviar documentos máis pesados para ir desenvolvendo o traballo diario).

Ademais, existe unha listaxe á parte chamada comunicación@galizasentransxenicos.org, que se emprega para o envío de notas de prensa e todo o relativo a medios de comunicación. Esta listaxe xestiónaa esencialmente Vera, a xornalista oficial da Plataforma. Tamén se decidiu ter este correo para facer os envíos á prensa e demais medios de comunicación con remitente único da Plataforma e non a partir de correos dunha persoa ou grupo, o que podía dar lugar a confusión dos medios de comunicación sobre quen enviaba os correos.

E o correo xeral da Plataforma para calquera persoa que desexe preguntar algo a respecto dos organismos xeneticamente modificados ou da Plataforma é info@galizasentransxenicos.org

Recordade que o 17 de Abril temos manifestación en Madrid. Os interesados en vir ide apuntándovos canto antes.

Reunión xeral de agroactivistas en Ourense.

Na última das charlas organizadas dentro das Xornadas de Agroecoloxia de Ourense, do día 26 de Febreiro, na que participaron persoas de diversos colectivos para falar sobre "Agroideoloxía", evidenciouse o interese por plasmar nalgún proxecto comín as ideas a ese respecto. Falouse alí de procurar terras, de autoxestionarse para producir o que comemos, de facelo de xeito asambleario, de respetar o criterios da agroecoloxía...


O mellor da xornada foi que rematou fixando unha data para tratar todas estas cuestións, que será o próximo día



12 de Marzo as 20:00 no "Sen un can", Rúa do Vilar Nº9, Ourense.

Por suposto, estades todas e todos invitados a participar e, por favor, axudade a difundir esta convocatoria.

Katimavik, horticultura urbana e seguridade alimentaria

Este grupo de xente de Vancouver, en Canadá, unha das zonas do mundo con maior número de horticultores urbanos, adícase a investigación da horticultura urbana, a alimentación ecolóxica e a seguridade alimentaria. Podemos ver neste video, como esta xente tómase esta actividade moi en serio, significando para eles máis que un simple pasatempo, pasa a ser unha forma de vida. Teñen tamén cooperativas de consumo ecolóxico e tendas ecolóxicas. Un forma de vivir moi implicada e responsable.

Manual básico de horticultura urbana en Galego

Ata fai pouco, a AGHU dispoñía dun manual básico de horticultura urbana, cedido gratuitamente por Cityhuerto (www.cityhuerto.es) e escrito en castelán.


Coa inestimable axuda de María Ogando, filóloga galega, e socia da AGHU, traducimos o manual o Galego, o cal xa tendes dispoñible para descarga na sección de documentos da web, ou nesta ligazón.


Tamén subimos a presentación de diapositivas que estamos expoñendo na rolda de exposición por toda Galiza, titulada Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores. 
Dispoñible nesta ligazón.

Xuntanza do Grupo Local de Ourense

Celebraremos a primeira xuntanza do Grupo Local de Horticultura Urbana de Ourense o:

Sábado 6 de Marzo as 11:00

O punto de reunión serán os soportales do concello, na praza maior, desde onde se poderá ir a algún local cercano a charlar tranquilamente e tomar un cafeciño.



Os puntos a tratar para esa reunión poderían ser os seguintes:
  • Elexir un representante do grupo de cara a AGHU nas reunións que se fagan a nivel Galicia.
  • Marcar primeiros obxetivos para conseguir un primeiro terreo para unha horta urbana piloto.
  • Marcar un representante para as negociacións coa administración local.
  • Compartir experiencias e coñecementos sobre horticultura en balcóns, terrazas e xardíns.
Unha vez o grupo esté máis organizado e se consiga un terreo, o seguinte paso será facer unhas xornadas para planificar, preparar o terreo, e dar uns primeiros cursiños de horticultura para todos os interesados.

Recordade que o rematar a reunión, o mediodía haberá un xantar con Concha de "Casa Alongos" que ensinará o grupo a horta que quere ceder para uso por parte da asociación situada a 9 Km de Ourense. Para máis información sobre o xantar podedes entrar en contacto no foro con María Ogando.

Conferencia de horticultura urbana en Pontevedra


Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores.
Esposición: Ramón Paz. Organización: Olga Valiño.

Pazo da cultura de Pontevedra. Seminario 2.
Venres 12 de marzo as 19:30.

O rematar a exposición, tomaremos nota dos interesados en formar e formar parte do Grupo Local de Horticultura Urbana de Pontevedra. Tentaremos marcar tamén primeiros obxetivos para o grupo.

Podedes descargar o cartel do evento premendo nesta ligazón.
(c)Asociación Galega de Horticultura Urbana.